lunes, 20 de diciembre de 2021

Como federarse no 2022

 


 Tarxeta federativa 2022

Xa é posible tramitar a licenza federativa para 2022 (a Federación decidiu manter as tarifas do 2021), se queres tramitar a licenza hai que:

 

 1.- Escoller a modalidade que che interesa os prezos das licenzas federativas para o ano 2022 (ver imaxe no inicio desta entrada)

 

  2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta

 ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

 A modo de exemplo:

   -Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 86 € (nesos 86 € vai incluida cota do club).

  

 -Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 90 € (nesos 90 vai incluida cota do club).

 

 -Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 65 € (nesos 65 vai incluida cota do club)

  3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/umxzGVo59TDvWKcf9

 

////////////////////////////////////////

 Información importante:

   

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro do 2022.

  

 Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

 

 Estar federado dáche dereito a:

 

 Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)

   

Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)

 

 Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional

 

 Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio

 

 Prezos moi reducidos nos refuxios galegos

 

 Comunicacións periódicas

 

 Calendario de actividades

 

 Participar en actividades divulgativas

 

 Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña

 

 Neste enlace está a información da Federación galega de montañismo https://fedgalmon.gal/

No hay comentarios:

Publicar un comentario