lunes, 3 de enero de 2022

Domingo 9 de xaneiro do 2022 ruta polo rio Traba (Noia)


O domingo 9 de xaneiro o club organiza a ruta do rio Traba, son sobre 15 km, de dificultade facil, vai pola beira do rio Traba e o rio Pesqueira.

Esta ruta empeza na Casa do Concello de Noia, vamos cara a ponte de Traba, do século XV, construida sobre outra na que trancorría a via romana que comunicaba co Barbanza "Per Loca Marítima". Antes da ponte estamos no barrio de San Bernardo, no que había unha fábrica de curtidos, hai un dito "Os de Noia, zapateiros", no outro extremo da ponte temos o barrio do Couto e hai un conxunto de muiños e lavadoiro, a ponte ten catro arcos, dous apuntados e dous de medio punto, e dous tallamares, construcción con forma de quilla que serven de apartadoiros para os peóns e para cortar e repartir a corrente de auga cara os lados, evitando posibles danos no piar.

Despois duns dous kilómetros pola beira do rio Traba chegamos á aldea abandoada de Xei, espectacular conxunto de seis vivendas e un muiño de dobre rodicio cos infernos triángulares, algo non habitual nos muiños galegos, está deshabitada desde principios dos anos 70 e agora está tomada pola vexetación.

Ao longo da ruta pasamos a carón de varios muiños, un deles aínda en funcionamento, é interesante observar neles as canles, sistemas de captación das augas.

Posteriormente vamos pola beira do rio Pesqueiras (Lousame) e chegamos á ponte de Berrimes, fermoso exemplo de ponte dun so van e paso obrigado antiguamente para as comunicacións entre a costa eo interior, a orixe probablemente sexa a idade media, se ben a construcción actual podería ser de inicios do século XVI. O topónimo de Berrimes aparece en documentación do século X e se cre que deriva da palabra celta "werna" que significa amieiro.

Antes de dar volta e ir rio abaixo pasamos por riba dunha sinxela ponte que se di que é romana e os muiños do crego

Na ruta vaise por unha beira dos rios e vólvese pola outra excepto a última parte, chegando á aldea de Xei que non hai esa opción.

Ao chegar a Noia fomos visitar os muiños de Pedrachán

Parabéns aos concellos de Noia e Lousame por marcar e manter a ruta.

Ollo aos tocos de arbustos talados que hai no camiño para non tropezar neles e algunhas pontellas que están algo esvaradizas.

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/noia-rio-traba-e-rego-pesqueiras-lousame-92487992

 



































No hay comentarios:

Publicar un comentario