Para novembro, decembro e xaneiro temos previstas as seguintes rutas, pero están pendentes de confirmar.
29 de outubro: Campo Maneiro - A Muralla. Xa confirmada, máis información no blog.
19 de novembro: Muiños do Folón. En autobus. Aberta a non socios. Socios do club gratis. Primeiro se abrirá un prazo para inscrición dos socios e se sobran prazas abrirase o prazo a non socios.
19 de novembro: Muiños do Folón. En autobus. Aberta a non socios. Socios do club gratis. Primeiro se abrirá un prazo para inscrición dos socios e se sobran prazas abrirase o prazo a non socios.
17 de decembro: Corrubedo - Mirador Valle Inclán. Lineal, igual movendo coches ou con bus para ir ou volver.
14 de xaneiro: Ponteceso - Laxe. Ruta dos faros. En autobus. Aberta a non socios. Primeiro se abrirá un prazo para inscrición dos socios e se sobran prazas abrirase o prazo a non socios.
E tamén asemblea de socios/as.
E tamén asemblea de socios/as.
O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés convoca a tódolos socios/as para a celebración da asemblea ordinaria que terá lugar o domingo 26 de novembro ás 10:30 da mañá en primeira convocatoria e ás 11 en segunda convocatoria na Casa da Cultura de Boiro.
Orde do día
1-aprobación da acta da asemblea anterior
2-aprobación das contas
3-Elección de presidente e xunta directiva
4-Valoración da marcha do club ao longo do 2017
5-Programación de rutas e actividades para o ano 2018
5-Rogos e preguntas
Se desexas presentarte á directiva ou presentar una lista propia
envía un email a vintedouspes@gmail.com antes do 23 de novembro, indicándoo.
Nota: a asemblea empezará ás 11 da mañá pois ás 10.30 (1ª convocatoria) non haberá quórum.
No hay comentarios:
Publicar un comentario