miércoles, 18 de octubre de 2017

Domingo 19 de novembro: Muiños do Folón (O Rosal)

Non se cubriron todas as prazas, se hai algún federado que queira ir ainda pode inscribirse chamando por teléfono (609 071 273 ou 615 637 227). Non federados non poden inscribirse pois non da tempo a facer o seguro.

Non se cubriron todas as prazas, ábrese o prazo a inscricións de non socios e/ou non federados (3 de novembro).

O domingo 19 de novembro faremos a ruta Muiños do Folón (O Rosal). Esta é unha ruta de portas abertas, poden asistir non federados, faráselle un seguro de día.

As prazas son limitadas e as inscricións serán por orde de inscrición, teñen preferencia os socios do club, ata o 2 de novembro so poden anotarse socios, e a partir dese día, se sobran prazas, poden inscribirse non socios.

Plan previsto: iremos en autobús, en caso de non xuntar persoas suficientes iremos en coches particulares. Sairemos de Boiro, diante da Casa da Cultura ás 7.45 horas, na rotonda de Te (Rianxo) ás 8, e na rotonda da gasolineira de Repsol (Catoira) ás 8.10. Hai que estar puntuais, o autobús non agardará pola xente. Vamos en autobús ata O Rosal e no aparcamento que hai no inicio da ruta (a ponte das Penas) empezamos a camiñar, contra o mediodía faremos unha parada para comer (cada un leva a súa comida) e pola tarde voltaremos para o Barbanza.

Prezos ao ir en autobús:
Federados de CMB Vintedouspés: gratis. Obrigatorio inscribirse
Federados doutros clubs 10 €
Non federados 12 €


Para inscribirse 
Socios de CMB Vintedouspés: cubrir formulario. (Non vale inscribirse, cubrir praza e despois non asistir.)

Non socios:
1       -cubrir formulario 
2    -ingresar na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca) a cantidade que corresponda (deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita). Mandar xustificante do ingreso ao email vintedouspes@gmail.com. Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes que están instalando na maioría das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado e indicando os datos de quen ingresa.
Hai de prazo de inscrición ata o 14 de novembro, pero o máis seguro que se acabe o prazo cando se cubran as prazas.

Información da ruta
Empezaremos a ruta ascendendo polos muiños do Folón, 36 muiños, dirixímonos posteriormente á ermida de San Martiño, muiños do rio Cal, ascendemos e chegamos a un alto onde hai unhas vistas preciosas da costa, onde se poden ver tamén as illas Cies, continuamos paralelos á costa desde o alto e chegamos á Poza dos Corvos para seguir vendo a costa ata acadar o Alto do Couto con 550 m. de altitud, punto máis alto da ruta, desde onde se divisa o río Miño,  a ribeira portuguesa, Camiña e os Montes de Santa Tegra. Para rematar a ruta descenderemos varios kilómetros para achegarnos aos muiños do Picón e rematala ruta.
Distancia: arredor de 19 km, dificultade: media.
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=21132784
As fotos son de Paco e Moncho "Noia".

















No hay comentarios:

Publicar un comentario