Grupo dos 15 km |
Grupo dos 25 km |
Como bastantes socios/as non fixeron a ruta da I Andaina de 25 km do Barbanza pensamos en facela outra vez o 29 de outubro.
Faremos 2 grupos, un grupo fará 25 km e outro fará 15 km (estes non chegan á muralla ao facer a ruta máis corta) , cada un dos asistentes pode escoller en que grupo fará a ruta. Son rutas circulares.
Puntos de encontro ás 8.45 en Boiro, diante de Casa da Cultura (Avda. da Constitución) e ás 9 para empezar a andar en Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo), diante do Pavillón.
Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates),
Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respectar o medio ambiente.
Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán res petar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.
As fotos son de Javi, Moncho e Anxo
Había 22 pes na Muralla, pero posaron 11 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario