Por mor dunha lesión vémonos na obriga de suspender a ruta. Desculpade as molestias.
Puntos de encontro ás 21 horas (9 da tarde) diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución, e ás 21.25 horas faro de Corrubedo.
Empezaremos a ruta seguindo a costa paralelos ás praias de Balieiros e Espiñeirido, despois duns 6 km iremos ata a aldea de Seráns e ascenderemos ao monte Taúme, onde se o tempo o permite disfrutaremos dunhas impresionantes vistas e aproveitaremos para facer unha parade e mirar as estrelas e as constelacións.
Continuaremos polo monte ata a praia da Ladeira e Corrubedo e voltaremos ao punto de inicio, o faro de Corrubedo.
Arredor de 15 km, dificultade: media-baixa, duración estimada: arredor de 4 horas e media.
Ao ser unha ruta nocturna convén que cada persoa leve a súa lanterna, o ideal para sendeirismo son as lanternas frontais, van na frente e deixan as mans libres, casi non se vai por carretera, pero se podes trae chaleco ou algo con material reflectante.
Para
participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo
de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás
federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 €
e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres
federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica
http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html
Se
queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616
523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser
puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.
Haberá
unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás
que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon
un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te
sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes
un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías
que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.
Si te apuntas, o sábado 27 ao mediodia revisa o blogue de Vintedouspés http://vintedouspes.blogspot.com.es/ por se xurde algún problema e hai que realizar algún cambio na actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario