Información da ruta
Distancia: 18 km, dificultade: Media-baixa
A etapa comeza en Laxe, desde alí, diriximonos ao Faro por la Ruta da Insua. Desde o faro temos unha ampla panorámica da Ría de Corme e Laxe e de toda a ruta que nos espera ata chegar a Camelle.
Moi cerca do faro, disfrutaremos de duas curiosidades da naturaleza: a Furna da Espuma e a Praia dos Cristales. A partir de aí, iniciamos unha senda que nos levará ata o Peñón de Soesto, cunhas impresionantes vistas de toda a Ruta da Insua e da praia de Soesto. Despois percorrecomos a Punta de Catasol e a Praia de Arnado, para chegar á praia e as lagoas de Traba, onde podemos contemplar gran cantidade de aves.
Desde Mordomo, ao final da praia de Traba, sale un camino que nos llevará por outra paisaxe espectacular deste Camiño dos Faros. En dirección a Camelle vamos polo mundo das grandes pedras ata chegar á cala de Sabadelle, antigo porto baleeiro.
Camelle é outro punto clave da ruta. Entramos pola praia e pequeno porto
pesqueiro para chegar ao muelle onde están os restos do Museo de Man. Desde
alí, o final da etapa levanos por pequenos camiños costeiros ata Arou, onde
termina esta intensa ruta do Camiño dos Faros.
Seguimos o track dos Traski (Camiño dos faros) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7514126 , fixeron de guias Javi, Concha, Moncho (Rianxo-Taragoña) e Chus.
En comentarios podedes dicir o que máis vos gustou, o que menos, ...
Seguimos o track dos Traski (Camiño dos faros) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7514126 , fixeron de guias Javi, Concha, Moncho (Rianxo-Taragoña) e Chus.
En comentarios podedes dicir o que máis vos gustou, o que menos, ...
PEDRA
Tensas as veas
tódolos meus átomos prensados nun bloque
frío
e quente
duro
e brando
ríspido
e lene
ermo
e vizoso
¿Que sol pode derreterme?
¿Que xiada pode agretarme?
Tódolos raios estrélanse contra a miña coiraza gris
Non hai barreno que me estoupe,
nin panca que me erga,
rodo que me rode costa abaixo cara ó soño?
¡Canta imobilidade eterna!
¡Canto tarda en pasar unha vida de granito!
¡Canto tarda en morrer unha vida de granito!
Poema de Cesar Antonio Molina no libro "El fin de Finisterre. Viaje a Costa da Morte"
No hay comentarios:
Publicar un comentario