viernes, 17 de junio de 2016

Domingo 3 de xullo do 2016, Cuntis: Castrolandín e ríos Umia e Gallo.


O domingo 3 de xullo, Cuntis: Castrolandín e ríos Umia e Gallo.
Puntos de encontró ás 8.15, como eses días Boiro está en festas quedamos noutro sitio de Boiro, na Boqueira de A Negral (Avda da Constitución, Praza con aparcamento cerca da piscina), e ás 8.45 no cemiterio de Cuntis.

Ruta de senderismo de 15 km. aproximadamente que transcurre bastante so seu perecorrido pola beira dos ríos Umia e Gallo. Tempo estimado arredor de 5 horas e cuarto. Dificultade: esta ruta de esforzo físico é media, pero tede en conta que ao ir pola beira dos ríos hai certos puntos que son técnicamente algo complicados, non é perigoso, pero hai que ir con coidado, polo que é importante levar calzado axeitado para andar pola montaña.

Saida do cemiterio de Cuntis (dende o Barbanza ao chegar a Cuntis, hai un cruce con semáforo, hai que coller á dereita e a uns 100 m. está o cemiterio). Seguimos a rúa da Palma, pasamos o cuartel da Garda Civil e a 50 metros collemos cruce a esquerda, ao pouco deixamos o asfalto e comenzan os camiños de terra ata o final do percorrido. Seguimos polo Pazo, collemos a esquerda e subimos polo regato da Patela, cruzamos o rego para visitar o castro de Castrolandín, volvemos cara o Patela para aascender ao alto de Laxos. Dende aí seguimos o camiño para chegar a pedra do Furado, baixamos pola carballeira e collemos o camiño que nos levará ata Xinzo. Despois seguimos cara Rebordelo e dende ahí baixamos xa para o río Umia. Pasamos a piscifactoria e seguimos sempre pola marxe do río pasando os muiños da Louriña, a ponte de Olimpio, o aserradero de Novo, a desembocadura do río Gallo no Umia e ahí seguimos xa pola marxe do río Gallo, pasando os pasos da Taboada, o Muiño da Taboada, o Muiño de Meira e A Louriña, a Ponte de Nieto, Pasos de Meira e chegada a Cuntis, saindo diante da gasolineira e volvemos ao punto de inicio.

A cria atopada, despois de recibir coidados durante 3 días xa poido voar e foi posta en liberdade.


Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13906465

































No hay comentarios:

Publicar un comentario