Ruta moderada e circular de 16km. Puntos de encontro ás 9 en Boiro, diante da Casa da Cultura, e ás 9 e 20 na ermida de San Roquiño de Tállara.
Sairemos da capella de San Roquiño ata o conxunto etnografico de Carantoña (muiño,lavadoiro,e fonte).
Dende ali comenza unha ascension moderada ata a Ermida de San Mamede e a sua carballeria centenaria,seguiremos polo monte con boas vistas da Ria de Arousa e a sua contorna. Baixamos ata a aldea de Abeixon e iremos polo rio ata Pousada co seu peculiar cruceiro emparedado.
Agora camiñaremos por piñeirais ata a ponte de San Francisco.De volta iremos a beira do rego de Tallara, vendo alguns muiños e pontellas ata chegar o punto de inicio.
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=14606947
Fixeron de guias Juan e Puri, as fotos son de Nino
Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html
Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.
Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario