O sábado 15 de agosto o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fará unha ruta de sendeirismo nocturna.
Punto de encontro ás 21.30 (9 e media da tarde) no alto de Paradegua, é na carretera vella que une Ribeira con Padrón, nun punto onde hai unha ampla explanada para deixar os coches, antes había unha formigoneira, é onde remata o concello de Rianxo e empeza o de Dodro, si vamos dende Boiro, pásamos Araño, despoís Burés e ao chegar ao alto temos esa explanada no lugar de Paradegua.
Esta será unha ruta lineal (levaremo uns coches para o final da ruta) duns 13 km que aproveitaremos para ver grupos importantes de grabados rupestres, pola noite, pola noite con axuda de linterna é cando millor se ven os grabados rupestres pois ao iluminar lateralmente vese moito millor o relevo.
Veremos as mamoas do Campillo e os grabados rupestres de Foxa Vella e os grabados rupestres de Os Mouchos, e pasaremos pola aldea abandoada (para algúns aldea maldita) de Abuín.
Irá con nos un coñecedor do mundo dos petroglifos que dará explicacións sobre eles.
Convén levar chaleco reflectante e linterna (as ideais son as chamadas frontais, van na frente para ter as mans libres), non fai falta que os levemos todos, as linternas non irán encendidas todo o tempo, so cando o terreo sexa irregular e requira ver ben onde se pisa.
Para
participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo
motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates),
Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta
pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e
queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica
http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/03/licenzas-federativas.html
se
queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616
523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser
puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.
Haberá
unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás
que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon
un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te
sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes
un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías
que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.
Ese día hai outra ruta nocturna no Barbanza, a título informativo, organizada na Pobra
ResponderEliminarMiguel
Grazas Miguel pola información, pero hai veces que non se pode evitar coincidir con outras actividades.
EliminarNeste caso, non podemos cambiala.
Saúdos
Anxo