25
e 26 de xullo: viaxe a A Seara - O Courel. Aloxarémonos
no refuxio da Federación Galega de Montañismo que hai na
Seara, este pobo aínda conserva o típico propio dunha aldea
medieval, merece a pena facer un percorrido polas súas estreitas
rúas. A boa conservación da estructura medieval da aldea, que aínda
dispón de currunchos cunha rusticidade envilecida hoxe en día,
permitiu que se realizaran nos últimos anos importantes labores de
restauración.
Sairemos
ás 7 da mañá de Boiro e iremos en coches particulares ata A Seara.
Sobre as 10 chegaremos e ás 10.30 iniciaremos a ruta A Seara –
lagoa de Lucenza – Pico Formigueros
Tratase
dunha fermosa ruta circular que percorre unha parte dos lugares máis
emblemáticos do Courel.
Partindo
da aldea de A Seara, unha das máis encantadoras da serra, ascendemos
por un bello sendero ata chegar á Fervenza do Fócaro, un dos saltos
de agua máis atractivos da zona. Seguimos ascendiendo, cruzando por
unha ponte de madeira o rego de Porto Mourelos, ata chegar á Lagoa
da Lucenza, de orixe glaciar, un dos elementos naturales destacables
da serra.
Dende
aquí ascendemos ata a Campa da Lucenza e por pista chegamos ao
desvío para o ascenso ao Pico Formigueiros (1640 m.), o máis
elevado da serra.
Dende
aquí, baixamos por camiños paralelos ao río Selmo ata chegar a A Seara, despoís de tomar unhas cervexas dirixímonos á fervenza de Vieiros por bonitos camiños de monte, e voltamos por estrada finalizando o percorrido circular de novo na aldea de A Seara.
Distancia:
14 km.
Duración:
6 horas
Dificultade:
media
Cada
un levará algo para comer no medio da ruta. A cea ser fará nun
mesón que hai na Seara.
O
domingo faremos a ruta circular Moreda – Devesa da Rogueira –
Parada. Nesta fermosa ruta teremos a posibilidade de coñecer unha
das xoias botánicas de galicia: "a Devesa da Rogueira",
considerada por prestixiosas publicacións como "un dos mellores
bosques da Península Ibérica", no que medran casi todas as
especies de árbores, arbustos e flores do Courel.
Tamén
percorreremos parte da serra con fermosos paisaxes de montaña,
visitando o impresionante Mirador de Polín, a 1371 metros de
altitud, dende o que se disfruta unha das mellores vistas de todo o
Courel.
E
por último, conoceremos algunhas das aldeas tradicionais máis
típicas do Courel: Moreda e Parada, atravesando o impresionante
souto de castiñeiros que a rodea e coñecendo onde viviron dous das
figuras literarias máis relevantes de toda Galicia: os poetas Uxío
Novoneyra María Mariño.
Distancia:10,5
km
Duración
estimada: 5 horas.
Dificultade:
media
Cada
un levará algo para comer no medio da ruta. Ao rematar a ruta
emprenderemos o regreso ao Barbanza.
Parabéns aos organizadores polo estupendo finde que nos proporcionaron, gardareino nun canto da miña memoria. As dúas comidas nos mellores restaurantes do Courel, a cea no mesón, a dormida no refuxio,.......momentos compartidos que axudaron a unir o grupo que participou nas rutas de montaña máis duras e chulas que organizou VINTEDOUSPES. Espero que os demáis disfrutaran tanto ou máis. ATA A PRÓXIMA.
ResponderEliminarQue fermosura de rutas e paisaxes, inmellorable compaña, temos todos que darlle os parabens o noso amigo Anxo.
ResponderEliminarHabera que voltar antes do proximo