A ruta son sobre 19,8 km, dificultade facil, é bastante chan, ainda que por suposto ten certos repechos, tecnicamente non é dificil excepto algún tramo que vai por unha senda de pescadores, en caso de choiva resultará un pouco máis complicada, pero tede en conta a vosa forma física e que son casi 20 km, duración estimada a ruta de andar arredor de 5 h, 15 minutos.
Partimos
dende a impresionante ponte colgante de Xirimbao e regresamos a mesma despois de algo
menos de 20 Kilómetros ao longo do Río Ulla escoitando os sonidos e silencios deste rio e vendo unha paisaxe natural única con aves,
muiños, fontes e vexetación. Iremos algo por camiños á beira do rio e por pistas. Ao chegar ao coto salmoneiro de Santeles daremos volta e voltaremos máis ben por pistas distintas ás que fixemos a ida e un pouco máis alonxados da beira do Ulla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario