Necesitamos saber cantas persoas do club van querer federarse á Federación Galega de Montaña para o ano que ven. Para federarse os maiores de 18 anos teñen que pagar na modalidade A (sendeirismo,...) 51 € ao ano (esta cantidade é a de 2014, contase que para o ano que ven sexa similar) e tería un seguro para actividades de montaña e sendeirismo (quen queira ver as coberturas, condicións e clausulas que no las pida por correo electrónico), Aparte tería que pagar os 10 € de cota anual do noso club.
Así que se vas querer federarte mandanos os teus datos (nome, apelidos, nº dni, data de nacemento e nº de teléfono) por correo electrónico.
Se tes dúbidas ponte en contacto con nos.
APARTE DE TER UN SEGURO PARA ACTIVIDADES DE MONTAÑISMO E/OU SENDERISMO ESTAR FEDERADO DÁCHE DEREITO A:
·
Participar con preferencia nas actividades federativas
·
Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
·
Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito
galego, estatal e internacional
·
Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
·
Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
·
Comunicacións periódicas
·
Calendario de actividades
·
Participar en actividades divulgativas
·
Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
·
Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es
No seguinte cadro vai desglosado máis información da licencia federativa (modalidades, disciplinas, idades e prezos).
LICENZA FEDERATIVA FEDERACIÓN GALEGA DE
MONTAÑISMO PREZOS E COBERTURAS 2014 SEGUROS – ZURICH
|
|||||
MODALIDADE
|
ÁMBITO TERRITORIAL
|
DISCIPLINAS
ASEGURADAS |
Infantís
(de 0 a 13 anos) (2) |
Xuvenís
(de 14 a 17 anos) (2) |
Maiores
(maiores 18 anos) (2) |
A
|
ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO
FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS
|
Excursionismo,
Campamentos, Marchas e Sendeirismo (Sen incluir a Alta Montaña en ningun
caso)
|
15 €
|
30 €
|
51 €
|
B
|
ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO
FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS
|
Excursionismo,
Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta
Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas
de Neve, Esquí de Montaña, e Vías Ferratas
|
17 €
|
35 €
|
56 €
|
B1
|
IDEM A B
|
Ídem a B máis Esquí
Alpino e Bicicleta de Montaña (BTT), Snow de montaña, e Splitboard
|
22 €
|
41 €
|
64 €
|
C
|
B MÁIS EUROPA
|
Ídem as da B1 máis
Telemark e Canicross
|
28 €
|
49 €
|
90 €
|
D
|
MUNDIAL (EXCEPTO
EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.)
|
Ídem a C
|
40 €
|
72 €
|
131 €
|
E
|
MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS
POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.)
|
Ídem a D
|
397 €
|
405 €
|
419 €
|
OT
|
IDEM A B (SÓ OUTUBRO,
NOVEMBRO E DECEMBRO) (1)
|
Ídem as da B
|
x
|
x
|
37 €
|
OT1
|
IDEM A B1 (SÓ OUTUBRO,
NOVEMBRO E DECEMBRO)(1)
|
Ídem as da B1
|
x
|
x
|
43 €
|
(1) As licencias OT e OT1 son Licencias tipo B e B1 soio para os
meses de outubro, novembro de decembro para persoas que federanse por primeira
vez.
(2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2014. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2014. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2014.
(2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2014. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2014. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario