O domingo
9 de novembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta
circular: ríos Pedras, San Xoán e Barbanza. Foron sobre 14 Qm, dificultade
media-alta, duración aproximada 5 horas.
Os puntos de encontro foron ás 9 menos 20 na
parada de autobús diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 na explanada onde
remata a carretera que vai dende a Pobra do Caramiñal ata Aldeavella, zona das
piscinas do río Pedras.
Esta preciosa ruta iniciase no río Pedras, dirixímonos cara a ponte medieval da Miserela e iremos ata unha piscina do río onde se xuntan o río Barbanza e o San Xoán, pasando a chamarse a partir de aí río Pedras, pasamos por onde houbo un convento de franciscanos, e iniciamos unha dura subida por un sendeiro que vai paralelo ao río San Xoán, tamén chamado dos tobogáns, nun quilómetro se ascenden aproximadamente 250 metros de altitude, por elo esta ruta é de dificultade media-alta, hai máis subida, pero xa con pendentes normais. As vistas da ría de Arousa son espectaculares. Como o curso do río está pechado de silvas e toxos desviámonos á dereita cara a uns muíños de vento na serra do Barbanza, ao alto do Castelo, pasamos por diante do curro das Cañizadas e dirixímonos cara o río Barbanza, cruzamolo na Portela, iremos paralelos ao río Barbanza pero máis altos, polo alto do Salgueiro e baixaremos por sendeiros e algunha pista ata Entrerríos, dende aí tivemos algo de asfalto e algo de subida para chegar ao final da ruta. Respecto a altitudes, empezamos a uns 160 metros de altitude e o punto máis alto é arredor de 590 metros.
Fomos 48 pés, entregaronse os carnés de socios/as, tivemos unha mañá bastante boa a pesar de que choveu algo, e os ríos levaban bastante auga, estaban espectaculares.
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8461901
Quen o desexe pode pinchar onde rematan as fotos e pon "No hay comentarios" ou "comentarios" e contar algo da ruta (o que máis lle gustou, o que menos, que lle pareceu, ...).
|
piscina río Barbanza |
|
río San Xoán |
|
río San Xoán |
|
río San Xoán |
|
alto do Castelo |
|
mirador cañón río Barbanza |
|
Entrerríos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario