Ruta: Párking do Vilar- O Vilar-Castro-Castro da Cidá-Casalnovo- Gandarela-Cova Ladrón- Centro de Interpretación do Parque Natural- Párking do Vilar
Hai un treito da ruta que transcorre por camiños por áreas dunares onde non está permitido o tránsito de cans pola normativa legal do Parque Natural de Corrubedo. Os participantes que fagan a ruta non deben saír dos camiños marcados no Parque Natural, arrancar flores ou plantas, nin molestar á fauna, conforme as normas xerais deste espazo protexido.
Hai unha cafetería no inicio da ruta, pero non hai auga potable dispoñible.
Duración: unhas 3 horas, sobre 11 Km. Apta para todos os públicos e terreo transitable (calzado deportivo cómodo). Fxo de guía Miguel.
Grazas aos que mandachedes fotos.
Neste elace está o track da ruta por se queres facela http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8447308
No hay comentarios:
Publicar un comentario