martes, 31 de enero de 2023

19 de febreiro ruta das Penicias e muiños de Buxan (Rois) e ao rematar iremos comer un cocido

SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO


O domingo 19 de febreiro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fará a ruta das Penicias e muiños de Buxan (Rois), é unha ruta fácil e ao rematar iremos comer o cocido á de Benjamín en Vilachán. Vamos en coches particulares.

Puntos de encontro:

ás 9 e media en Boiro, diante da Casa da Cultura.

ás 9.40 en Te - Rianxo

ás 10 no punto de inicio da ruta, igrexa de San Mamede en Rois.

Hai que ser puntuais, non se agarda por quen non esté.

Á comida ten un coste por persoa de 30 €,  será sobre as 2, poden asistir todos os socios que queiran, vaian ou non á andaina, e os socios que vaian á andaina poden ir ou non á comida.

 Para inscribirse hai que contestar a este correo electrónico indicando nome e apelidos e poñer se te apuntas á andaina, á comida ou ás dúas cousas. No caso de apuntarte para a comida deberás ingresar 30 € na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e cocido, tes de prazo ata o 7 de febreiro. Para apuntarse a andar hai de prazo ata o sábado 18 de febreiro ás 14 horas.

 Información da ruta facilitada polo Concello de Rois:

 O punto de partida é a igrexa de San Mamede, que ten de particularidade que a súa torre está situada na parte central da fachada, enriba da porta. Desde ela dirixímonos cara a Infesta, aldea que atravesamos logo de cruzar a estrada. Á saída podemos ver á esquerda do camiño a súa monumental fonte, con boa auga para beber e refrescarse. Avanzamos acompañados polo murmurio que sae do río Rois que flúe á nosa dereita e que nos vai acompañar un bo treito. Os diferentes desvíos están sinalizados coa característica frecha amarela desta ruta.

 A uns 2 km o carreiro desemboca nun camiño ancho que nos ofrece dúas opcións: seguir a ruta á esquerda cara á Casa do Porto ou ben atallar de fronte para atravesar unha ponte e regresar polo outro lado do regato. Recomendamos facer a ruta completa polo indubidable atractivo dos seus contrastes, con todo, esta “media ruta” é unha opción válida para os días que queiramos andar menos e gozar dun percorrido entre bosques de arborado autóctono, con moita sobra e á beira do río, oíndo correr a auga. En calquera caso, na ruta completa tamén se pasa por esta fermosa paraxe.

 Seguindo á esquerda, aos 100 metros deixamos o camiño para coller un carreiro empinado que nos subirá ata á Casa do Porto. Esta aldea, situada no alto e rodeada de prados, regálanos vistas panorámicas espectaculares. Nela tamén podemos ver unha eira con varios hórreos ou un cruceiro. Na saída hai outra fonte no chan, un pouco antes do desvío cara a Buxán.

 Despois de varios desvíos sinalizados, o camiño desemboca na estrada, preto de Buxán. Ao pasar a ponte e sen entrar na aldea, collemos un camiño á dereita que tras áridas subidas e baixadas nos vai levar outra vez ao regato dos muíños, na zona mencionada anteriormente. Este é un tramo de grande atractivo, cruzando o río e camiñando xunto a el por pasarelas de madeira e corda.

 Finalmente chegamos á estrada inicial, atravesámola e xa preto da igrexa de San Mamede dirixímonos a ela para finalizar a ruta.

 Neste enlace hai un vídeo da ruta https://youtu.be/Hv0kbRgl-ew

 Se te inscribes, o sábado 18 a partir das 18 horas revisa o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ por se hai algún cambio de última hora.

 


Lembra que as primeiras andainas de 25 km (con variantes de menos quilómetros) deste ano son:

Noia 25 km: 12 Febreiro 2023 – inscricións https://trabandainas.com/andaina/

Marín 25 km: 26 Febrero 2023. Máis información https://25km.es/probas/


miércoles, 18 de enero de 2023

29 de xaneiro 2023 ruta rio Grande e Torres do Allo (Baio-Zas)

O domingo 29 de xaneiro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta rio Grande e Torres do Allo (Baio-Zas), son sobre 14 quilómetros, fácil pero hai que ter en conta que vai moito pola beira de ríos.

Empezamos no paseo fluvial, vemos a Carballeira de Astrai, sitio de romerías, e tomamos contacto co río Grande que nos acompañará en bastantes tramos. Pasamos pola presa de As Quintas, o Muiño Novo de su Agra e a súa presa, pasamos por varias pontes de pedra e madeira. Vamos un rato polo rio de Lamas.

Continuamos cara o pazo as Torres do Allo,  é un dos pazos máis antigos de Galicia (ten máis de 500 anos) e un dos mellores exemplos da vida nobiliar da alta idade media. Foron erguidas pola familia Gomes de Rioboo, que procedían da veciña Torre da Penela, en Silvarredonda (Cabana de Bergantiños). Estes eran vasalos dos poderosos Condes de Altamira. Tivemos unha visita guiada ao pazo feita por Fabio, darlle as grazas a el e á Deputación da Coruña, todo foron facilidades para facelo posible.

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/baio-rio-grande-e-torres-do-allo-124753265



Algúns dos novos sendeiristas deste ano















lunes, 2 de enero de 2023

15 de xaneiro 2023 Monte Pedroso, río Sarela e río Sar (Santiago)

Ruta lineal sobre 20 km, dificultade: fácil

A ruta sube ao monte Pedroso e despois se vai polo río Sarela e o río Sar, chegamos á zona d banquete de Conxo, onde vemos o famoso carballo do banquete de Conxo e rematar na zona do Multiusos de Sar.

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pedroso-sar-sarela-santiago-123970338































sábado, 24 de diciembre de 2022

rutas previstas 2023 e información para federarse

as rutas previstas para o 2023 do noso club son as seguintes:

 

8 de xaneiro: monte Pedroso, rio Sarela, rio Sar.

29 de xaneiro: ruta por Baio (Zas).

 19 de febreiro: ruta Tenicias e regato de Buxan e posterior comida.

 12 de marzo: asistir á andaina de 25 km de Gulans ou variante máis curta. Ir en autobús (autobús gratis para socios/as).

 26 de marzo: costa da vela. Iremos en bus e será aberta.

 2 de abril: Monte Louro (Muros).

 Tres días polo Courel: 29, 30 e 1 de maio, rutas: Seceda - rutas do oso e o mel, Devesa da Rogueira-Formigueiros e Seoane-Vilar-Vilamor.

 21 de maio: monte Galiñeiro. Iremos en bus.

 11 de xuño: San Paio (Outes).

 fin de semana por costa ártabra e mariña lucense: 1 e 2 de xullo, dúas rutas sen concretar pero son posibles Fuciño do porco e ruta das algas (Ortigueira). Iremos en autobús.

 23 xullo: Cabo Prior. Iremos en autobús.

 Este plan é provisional, cando se acerquen as datas iremos confirmando e concretando detalles. 

Para o segundo semestre do ano temos previsto aparte doutras sen concretar:

 - Fin de semana por Cea e Cortegada (Ourense).

 - Unha ruta do camiño dos faros.

 - En novembro fin de semana por Valdeorras coincidindo coa andaina de 25 km nesa localidade e programando o sábado unha ruta por esa zona.

  

Das andainas de 25 km que organizamos varios clubs galegos (hai variantes con menos quilómetros para quen prefira) están previstas:

 12 de febreiro: Noia

 26 de febreiro: Marín

 12 de marzo: Guláns

 16 de abril: Portosín

 7 de maio: Cornelios. As Neves.

 14 de maio: Xinzo-Ponteareas

 2 de xullo: Cuntis

 1 de outubro: Rianxo-Barbanza (a ruta do noso club)

 29 de outubro: Ponteareas

 12 de novembro: Barco de Valdeorras

 

Para participar nestas actividades hai que ser socio do club e estar federado, a continuación vai a información por se te queres facer socio e federarte no ano 2023:

 

1.- Escoller a modalidade que che interesa para o ano 2023

 image.png

image.png
2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta

ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida.

A modo de exemplo:

-Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 85 € (73 de licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 89 € (77 licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 64 € (52 licenza e 12 cota do club)

Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 12 €

3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/6tduQao666hEnHTe6


Se queres máis información podes consultar o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ , contactar a través do correo electrónico ou no teléfono 609 071 273. Toda a información referente á xestión de licencias (prezos, coberturas da póliza, protocolo de actuación e cadro médico) podes atopala en https://fedgalmon.gal/licenza/.


Que pases unhas boas festas e un próspero ano novo gozando da natureza e das montañas.  



miércoles, 9 de noviembre de 2022

4 de decembro Parada de Francos, Castro Lupario e Pazo do Faramello.


Descrición da ruta: saímos da carballeira de francos, vaise por montes e camiños de leiras ata o rio sar, pásase polas aldeas de Chave de Carballo, Vidaloiso e Xinzo ata chegar ao Castro Lupario (o da Raiña Lupa). Despois baixase ata a fermosa aldea Anguieira de Castro coa súa arquitectura popular e edificacions medievales. Despois pasamos polo rio Tinto ata chegar o agachado e maxestuoso pazo do Faramello. Logo imos un cacho polo camiño xacobeo ata rua de francos coa sua igrexa e seu cruceiro gótico ata chegar ao final na carballeira de Francos.