martes, 31 de enero de 2023

19 de febreiro ruta das Penicias e muiños de Buxan (Rois) e ao rematar iremos comer un cocido

SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO


O domingo 19 de febreiro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fará a ruta das Penicias e muiños de Buxan (Rois), é unha ruta fácil e ao rematar iremos comer o cocido á de Benjamín en Vilachán. Vamos en coches particulares.

Puntos de encontro:

ás 9 e media en Boiro, diante da Casa da Cultura.

ás 9.40 en Te - Rianxo

ás 10 no punto de inicio da ruta, igrexa de San Mamede en Rois.

Hai que ser puntuais, non se agarda por quen non esté.

Á comida ten un coste por persoa de 30 €,  será sobre as 2, poden asistir todos os socios que queiran, vaian ou non á andaina, e os socios que vaian á andaina poden ir ou non á comida.

 Para inscribirse hai que contestar a este correo electrónico indicando nome e apelidos e poñer se te apuntas á andaina, á comida ou ás dúas cousas. No caso de apuntarte para a comida deberás ingresar 30 € na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e cocido, tes de prazo ata o 7 de febreiro. Para apuntarse a andar hai de prazo ata o sábado 18 de febreiro ás 14 horas.

 Información da ruta facilitada polo Concello de Rois:

 O punto de partida é a igrexa de San Mamede, que ten de particularidade que a súa torre está situada na parte central da fachada, enriba da porta. Desde ela dirixímonos cara a Infesta, aldea que atravesamos logo de cruzar a estrada. Á saída podemos ver á esquerda do camiño a súa monumental fonte, con boa auga para beber e refrescarse. Avanzamos acompañados polo murmurio que sae do río Rois que flúe á nosa dereita e que nos vai acompañar un bo treito. Os diferentes desvíos están sinalizados coa característica frecha amarela desta ruta.

 A uns 2 km o carreiro desemboca nun camiño ancho que nos ofrece dúas opcións: seguir a ruta á esquerda cara á Casa do Porto ou ben atallar de fronte para atravesar unha ponte e regresar polo outro lado do regato. Recomendamos facer a ruta completa polo indubidable atractivo dos seus contrastes, con todo, esta “media ruta” é unha opción válida para os días que queiramos andar menos e gozar dun percorrido entre bosques de arborado autóctono, con moita sobra e á beira do río, oíndo correr a auga. En calquera caso, na ruta completa tamén se pasa por esta fermosa paraxe.

 Seguindo á esquerda, aos 100 metros deixamos o camiño para coller un carreiro empinado que nos subirá ata á Casa do Porto. Esta aldea, situada no alto e rodeada de prados, regálanos vistas panorámicas espectaculares. Nela tamén podemos ver unha eira con varios hórreos ou un cruceiro. Na saída hai outra fonte no chan, un pouco antes do desvío cara a Buxán.

 Despois de varios desvíos sinalizados, o camiño desemboca na estrada, preto de Buxán. Ao pasar a ponte e sen entrar na aldea, collemos un camiño á dereita que tras áridas subidas e baixadas nos vai levar outra vez ao regato dos muíños, na zona mencionada anteriormente. Este é un tramo de grande atractivo, cruzando o río e camiñando xunto a el por pasarelas de madeira e corda.

 Finalmente chegamos á estrada inicial, atravesámola e xa preto da igrexa de San Mamede dirixímonos a ela para finalizar a ruta.

 Neste enlace hai un vídeo da ruta https://youtu.be/Hv0kbRgl-ew

 Se te inscribes, o sábado 18 a partir das 18 horas revisa o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ por se hai algún cambio de última hora.

 

Relación de inscritos para o cocido e para andar:

ANA M. RODRIGUEZ

CHUS SABORIDO

CHUS SEIJAS

JAVIER ABUIN

F. JAVIER BOUZAS

JOSÉ A. PEREZ

JUAN M. GARCIA 

LITA PIÑEIRO

LOLI OLIVEIRA

LORETO HERNAEZ

LUCILA M.

MANUEL A. GÓMEZ

MARIO ROMERO

MARITA IGLESIAS

MONCHO REI

PILI OLIVEIRA

XAVIER VAAMONDE

MARIE CHANTAL

EDUARDO E CONCHI


Relación de inscritos so para andar:

Mercedes Redondo

Mari Carmen Ordoñez

Mª José Casal

Berta e Raúl

Carlos Llanes


Lembra que as primeiras andainas de 25 km (con variantes de menos quilómetros) deste ano son:

Noia 25 km: 12 Febreiro 2023 – inscricións https://trabandainas.com/andaina/

Marín 25 km: 26 Febrero 2023. Máis información https://25km.es/probas/


No hay comentarios:

Publicar un comentario