lunes, 27 de febrero de 2017

19 de marzo: A Mina (Escarabote) - rego de Paus - Campo de Armada

Campo de Armada
Apareceu a dona do can que atopamos na ruta, era de Boiro e o perdera no monte.

Punto de encontro: 8 e 20 diante da Casa da Cultura de Boiro (deixade os coches cara baixo para sair sen coller o semáforo).

Son sobre 15 km, duración estimada 5 h., a intención é estar de volta nos coches sobre as 13.30 h., dificultade: media. Ruta circular. O punto de altitude máis alto (máis ou menos na mitade da ruta) está a 363 m (respecto ao nivel do mar) e o máis baixo a 30 m, (onde empezamos) o desnivel de subida é de arredor de 780 m  e o de baixar o mesmo.

Vamos en coches ata A Mina (Escarabote), leva 5 minutos.

Empezaremos a ruta por camiños de monte ata a ponte das Taras, desde o Covo subiremos a Enfesta, onde hai unha plantación de árbores autóctonos, Braña de cruces co rego do crego, Agro da folla, Cudraja, iremos un pouco pola beira do rio Lérez, posteriormente iremos ata o rego de Paus pasando por Chan das Taras, Lavadoiros, Agro do río, Agros das sete fontes, Pexegos. Colleremos un camiño cos boas vistas da zona de Pobra chamado beira de Cortizos que nos levará ao Campo de Armada (punto máis alto do percorrido), descendemos ata San Isidro pasando por algúns regos, Cancelas de Arriba e Cancelas de abaixo e voltaremos á Mina, pasando por baixo de Chan de Pó, Lobagueira, Quilla, Rego de Ouso, Capela da Guadalupe, Cochón, Agra de Ouxo, Casás e Vilariño. O nome dos lugares foi indicado por Antonio Brión.

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16849244

Plantación de árbores autóctonos en Enfesta




Lérez
Lérez


Ponte das Taras

Lérez






Rego de Paus

Rego de Paus

Beira de Cortizos

Beira de Cortizos

Beira de Cortizos


Campo de Armada

Campo de Armada

Can perdido con final feliz

Lérez

Sobreira de Vilariño


Rego do crego

As fotos son de Eduardo e Domingo. Neste enlace tedes todas as fotos de Eduardo da ruta https://drive.google.com/drive/folders/0B8xJbscwa56VaERSX1BjUzZyZGc

Mapa facilitado por Domingo.

IV Open de Andainas 25 km


Máis información andainas25.xistra.org

1ª proba Andaguláns, información e inscrición  
http://www.gulans.com/andaina15/

Quen desexe asistir ten que apuntarse nesa páxina e pagala inscrición e desde Vintedouspés poñeremos un punto de encontro para ir xuntos e compartir os gastos do desprazamento. 
 ****************
Esas tres probas de regularidade están incluidas na copa galega de andainas de media distancia, na que se incluen a maiores dúas pola zona de Ferrol, unha de 30 km e outra de 40 km.


 Os datos destas actividades para 2017 son os seguintes:
26/03/2017 – III Andaina de Guláns
C.M.Xistra/A.VV.Guláns – 25 km – Marcha de regularidade – andainas25.xistra.org
01/04/2017 – XII Baixada a Pé do Río Belelle
C.M.Ferrol – 30 km – belelleape.blogspot.com.es
09/09/2017 – VIII Marcha das Terras de Cedeira
C.M.Ferrol – 40 km – cedeiraape.blogspot.com.es
01/10/2017 – I Andaina de 25 km do Barbanza
C.M. do Barbanza Vintedouspés – 25 km – Marcha de regularidade – vintedouspes.blogspot.com.es
22/10/2017 – Andaina Tui25km
C.M.Xistra – 25km – Marcha de regularidade – andainas25.xistra.org

miércoles, 1 de febrero de 2017

RUTA DO COCIDO: A CHISCA – SANTIAGUIÑO DO MONTE. Domingo 26 de febreiro

RUTA DO COCIDO: A CHISCA – SANTIAGUIÑO DO MONTE

Domingo 26 de febreiro. Punto de encontro: ás 8:40 horas na Casa da Cultura de Boiro. Ás 9:00 horas na Chisca. Para chegar a Chisca: collemos a Autovía do Barbanza en dirección Padrón e saímos na saída de Rois, indo cara Rois a 100-200 metros nunha área de recreo collemos a estrada da esquerda e en 3,5 quilómetros chegamos a Chisca.

A ruta serán uns 17 quilómetros.

Duración estimada: 4.5 horas. Dificultade: baixa

Saíndo da Chisca podemos ver a desembocadura do Ulla. Logo entre piñeiros pasamos por Prexegueiro e de aquí a Traxeito ata chegar a Santiaguiño do Monte, onde faremos a foto de grupo no cruceiro de Santiaguiño.

Á volta temos unhas vistas do Val do Sar pasando por Formarís e Casa do Porto, onde podemos ver un bonito cruceiro rodeado de cables (como de costume). Seguimos polo que era unha anterga congostra e unha fermosa carballeira ata chegar á Chisca de novo.

Xa en coche de camiño a Vilachán pasamos por a Devesa dos Mouchos, onde veremos dous muíños de cubo bastante ben conservados.

COMIDA

Por primeira vez na historia de Vintedouspés vamos facer unha ruta que remata con comida. Será en Casa Benjamín (Vilachán - Rois), onde comeremos ata fartar cocido e caldo con pan e bebidas, para a sobremesa hai filloas, orellas e outros. Se hai que prefira Churrasco con criollos que avise Se hai quen non quere carne, que avise e fanlle outra cousa. O prezo é de 20 € por persoa. Poden vir non socios á comida.

Para anotarse á comida hai de prazo ata o 19 de febreiro, hai que ingresar na conta do CMB Vintedouspés 20 € por persoa:  ES2520800310553000121101 (Abanca) e mandar correo electrónico a vintedouspes@gmail ou chamar por teléfono 615 637 227 ou 616 523 902.

Os que se anoten deberán estar atentos ao blog por se hai algún cambio de última hora o sábado 25 pola tarde.

Con andaina ou non a comida non ten perdón.


Boa andaina e bo proveito.

C.M.B. Vintedoupés

AVISO: das actividades que facemos mandamos emails aos socios, se eres socio e non o recibes, mándanos un email a vintedouspes@gmail indicando que queres ser incluido no listado. 

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16614349

As fotos son de Eduardo e Domingo. Fixeron de guias Moncho Resua e Eduardo.




















martes, 10 de enero de 2017

29 de xaneiro do 2017 ruta Riomaior (Esteiro - Muros) - O Castelo


Ruta Riomaior – Esteiro.
Puntos de encontro ás 8.20 diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda da Constitución, enfrente a tenda de lámparas Aluzine) e ás 9.10 na igrexa de Esteiro (para chegar: indo en dirección a Muros ao cruzar a ponte de Esterio a uns 50 metros desviamonos á dereita (DP-5301) e a uns 150 metros aparcamos). Iremos en coches particulares
La ruta serán sobre unos 15-20 km,
No reviste ningún tipo de dificultad, solo tres pequeñas cuestas y llanear por pistas.
La  ruta comienza en la aldea de Riomaior, una vez allí cogeremos una pista forestal que en el último tramo se hace un poco dura pero que no reviste dificultad, esta pista nos llevara a lo alto do Castelo, un promontorio que simula un castillo, elevado unos 200 metros sobre el nivel del mar, desde aquí tendremos unas vistas espectaculares de Riomaior y Esteiro.
Desde este punto cogeremos  una pista la cual nos llevara a la aldea de A Laxe, aldea habitada solo por una familia, seguiremos bajando por un camino empedrado hasta cerca de la aldea de A Silvosa, desde allí subiremos hasta lo alto do Siqueiral, desde donde tndremos otra vez unas vistas espectaculares de Esteiro y la ría de Noia, una vez aquí ya el camino es más agradecido, con unas pistas fáciles de andar y que nos llevaran a una caseta situada en A Braña que fue construida por unos amigos al que les gusta montar a caballo, allí podremos comer y hacer uso de esas instalaciones, (hay que dejar todo como lo encontremos).
Desde ese mismo lugar cogeremos un camino que nos llevara a lo alto da Braña, para enlazar con un camino abierto por la comunidad de montes de Esteiro, este camino nos llevara hasta O Balcón Das Damiselas, un conjunto de piedras  a las cuales subían los pastores para vigilar el rebaño, una vez allí se decide si subir a Chimenea Do Monte, la cual nos dejara disfrutar de las maravillosas vistas de los montes de Esteiro, el Barbanza y la Ria de Noia.
Continuaremos por este camino hasta llegar a Pedra Do Cadro, donde como todos sabéis tendremos unas vistas espectaculares de toda la Ria de Noia.

Una vez disfrutado de estas vistas solo nos queda bajar de nuevo a Esteiro.


Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16258964

As fotos son de Berta, Mª José, Nati e Moncho