miércoles, 1 de febrero de 2017

RUTA DO COCIDO: A CHISCA – SANTIAGUIÑO DO MONTE. Domingo 26 de febreiro

RUTA DO COCIDO: A CHISCA – SANTIAGUIÑO DO MONTE

Domingo 26 de febreiro. Punto de encontro: ás 8:40 horas na Casa da Cultura de Boiro. Ás 9:00 horas na Chisca. Para chegar a Chisca: collemos a Autovía do Barbanza en dirección Padrón e saímos na saída de Rois, indo cara Rois a 100-200 metros nunha área de recreo collemos a estrada da esquerda e en 3,5 quilómetros chegamos a Chisca.

A ruta serán uns 17 quilómetros.

Duración estimada: 4.5 horas. Dificultade: baixa

Saíndo da Chisca podemos ver a desembocadura do Ulla. Logo entre piñeiros pasamos por Prexegueiro e de aquí a Traxeito ata chegar a Santiaguiño do Monte, onde faremos a foto de grupo no cruceiro de Santiaguiño.

Á volta temos unhas vistas do Val do Sar pasando por Formarís e Casa do Porto, onde podemos ver un bonito cruceiro rodeado de cables (como de costume). Seguimos polo que era unha anterga congostra e unha fermosa carballeira ata chegar á Chisca de novo.

Xa en coche de camiño a Vilachán pasamos por a Devesa dos Mouchos, onde veremos dous muíños de cubo bastante ben conservados.

COMIDA

Por primeira vez na historia de Vintedouspés vamos facer unha ruta que remata con comida. Será en Casa Benjamín (Vilachán - Rois), onde comeremos ata fartar cocido e caldo con pan e bebidas, para a sobremesa hai filloas, orellas e outros. Se hai que prefira Churrasco con criollos que avise Se hai quen non quere carne, que avise e fanlle outra cousa. O prezo é de 20 € por persoa. Poden vir non socios á comida.

Para anotarse á comida hai de prazo ata o 19 de febreiro, hai que ingresar na conta do CMB Vintedouspés 20 € por persoa:  ES2520800310553000121101 (Abanca) e mandar correo electrónico a vintedouspes@gmail ou chamar por teléfono 615 637 227 ou 616 523 902.

Os que se anoten deberán estar atentos ao blog por se hai algún cambio de última hora o sábado 25 pola tarde.

Con andaina ou non a comida non ten perdón.


Boa andaina e bo proveito.

C.M.B. Vintedoupés

AVISO: das actividades que facemos mandamos emails aos socios, se eres socio e non o recibes, mándanos un email a vintedouspes@gmail indicando que queres ser incluido no listado. 

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16614349

As fotos son de Eduardo e Domingo. Fixeron de guias Moncho Resua e Eduardo.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario