Campo de Armada |
Punto de encontro: 8 e 20 diante da Casa da Cultura de Boiro (deixade os coches cara baixo para sair sen coller o semáforo).
Son sobre 15 km, duración estimada 5 h., a intención é estar de volta nos coches sobre as 13.30 h., dificultade: media. Ruta circular. O punto de altitude máis alto (máis ou menos na mitade da ruta) está a 363 m (respecto ao nivel do mar) e o máis baixo a 30 m, (onde empezamos) o desnivel de subida é de arredor de 780 m e o de baixar o mesmo.
Vamos en coches ata A Mina (Escarabote), leva 5 minutos.
Empezaremos a ruta por camiños de monte ata a ponte das Taras, desde o Covo subiremos a Enfesta, onde hai unha plantación de árbores autóctonos, Braña de cruces co rego do crego, Agro da folla, Cudraja, iremos un pouco pola beira do rio Lérez, posteriormente iremos ata o rego de Paus pasando por Chan das Taras, Lavadoiros, Agro do río, Agros das sete fontes, Pexegos. Colleremos un camiño cos boas vistas da zona de Pobra chamado beira de Cortizos que nos levará ao Campo de Armada (punto máis alto do percorrido), descendemos ata San Isidro pasando por algúns regos, Cancelas de Arriba e Cancelas de abaixo e voltaremos á Mina, pasando por baixo de Chan de Pó, Lobagueira, Quilla, Rego de Ouso, Capela da Guadalupe, Cochón, Agra de Ouxo, Casás e Vilariño. O nome dos lugares foi indicado por Antonio Brión.
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16849244
As fotos son de Eduardo e Domingo. Neste enlace tedes todas as fotos de Eduardo da ruta https://drive.google.com/drive/folders/0B8xJbscwa56VaERSX1BjUzZyZGc
Mapa facilitado por Domingo.
Plantación de árbores autóctonos en Enfesta |
Lérez |
Lérez |
Ponte das Taras |
Lérez |
Rego de Paus |
Rego de Paus |
Beira de Cortizos |
Beira de Cortizos |
Beira de Cortizos |
Campo de Armada |
Campo de Armada |
Can perdido con final feliz |
Lérez |
Sobreira de Vilariño |
Rego do crego |
As fotos son de Eduardo e Domingo. Neste enlace tedes todas as fotos de Eduardo da ruta https://drive.google.com/drive/folders/0B8xJbscwa56VaERSX1BjUzZyZGc
Mapa facilitado por Domingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario