jueves, 13 de febrero de 2025

17 e 18 de maio 2025 fin de semana por A Fonsagrada e Oscos (Asturias)

Aproveitando o festivo do 17 de maio, que é sábado organizamos unha saída por A Fonsagrada e Oscos (Asturias). So poden ir socios/as. Iremos en coches particulares, senón tes con quen ir podes contactar con nos. Cada coche organízase para ir e compártense os gastos.

Cabe a posibilidade de facer 1 ou 2 noites, é dicir, quen queira pode reservar as noites do venres e sábado ou so a do sábado. A cea do sábado en grupo pagarase no restaurante.

Plan previsto de rutas:

O sábado 17 faremos a ruta de A Coba (Oscos) de aproximadamente 14, 3 km dificultade media. Información facilitada polo concello de Sta. Eulalia de Oscos “Empezamos la ruta en la hermosa aldea de Ferreira, una de las mejor conservadas del municipio, donde podemos admirar la arquitectura popular de la zona, mientras paseamos por sus estrechos caminos a la sombra centenarias parras. Tras cruzar el pueblo iniciamos el ascenso hacia Nonide, adentrándonos poco a poco en manchas boscosas de castaños, robles y abedules que se abren en pequeños claros permitiéndonos ver el cañón del río Agüeira en su rápido discurrir hacia su desembocadura en el río Navia.
Pasando Nonide iniciamos un fuerte descenso inmersos en un gran bosque de castaños, en cuyas laderas podemos ver “cortines“ construcciones circulares de piedra que protegen las colmenas de los ataques de fauna, y del fuego. Pronto llegaremos al río Allonca que trae las aguas de la vecina Galicia y las vierte al río Agüeira en una zona conocida como “ ponte de A coba” lugar ideal para darnos un baño y continuar con energía el ascenso, hacía La Coba y Coba; a partir de aquí bordearemos la montaña a media ladera entre el brezo, tojo y escoba alternados con pequeños bosquetes de árboles autóctonos, que nos harán llegar de nuevo a Ferreira de forma rápida y agradable. De nuevo en el punto de partida no podemos finalizar el día sin disfrutar del área turística de Ferreira donde podremos descansar y practicar actividades acuáticas ( piragüismo, pesca, baños, etc.)”

domingo 18 faremos outra ruta de características similares á do sábado ou algo máis curta que está pendente de concretar.

Dependendo das condicións climatolóxicas este plan pode sufrir algunha variación. Cando se acerquen as datas crearemos un grupo de whatsapp para concretar os últimos detalles.

Hai que levar auga e algo para comer en cada ruta.

Estaremos aloxados nos hostais Cantábrico e Casa Manolo (A Fonsagrada)

Para inscribirse hai que:

facer un ingreso 

Quen colla dúas noites en habitación doble 66 € por persoa (habitación e almorzos)

Quen colla unha noite en habitación doble 33 € por persoa (habitación e almorzo)

Quen colla dúas noites en habitación individual 96 € por persoa (habitación e almorzos)

Quen colla unha noite en habitación individual 48 € por persoa (habitación e almorzo)

na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso Fonsagrada, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita.

contestar a este correo electrónico indicando que é para inscribirse na saída da Fonsagrada, nome e apelidos, e con quen vas durmir, no caso de que non saiba con quen vai durmir o club asignaralle compañeiro/a. Neste caso de non aparecer compañeiro e ter que durmir en habitación individual deberá pagar a posteriori a diferencia por habitación individual.

O prazo para inscribirse remata o xoves 6 de marzo ás 22 horas. Se tes alguna dúbida respecto a esta saída podes contactar con nos por correo electrónico.

Nestes enlaces tes información sobre a zona á que vamos

https://terrasdeburon.es/es/a-fonsagrada/

https://www.oscoseoturismo.com/


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario