jueves, 4 de enero de 2024

O 21 de xaneiro de 2024 fixemos a ruta “Pedras miudas e arredores (Catoira)

O domingo 21 de xaneiro fixemos a ruta “Pedras miudas e arredores (Catoira). Iremos en coches particulares, compartindo coches. É so para federados/as e socios/as do noso club.

Iremos ata Pedras Miúdas, unha antiga canteira reacondicionada polas obras do Ave. Dirixirémonos cara a parroquia de Abalo, que nos permitirá disfrutar dunhas fermosas vistas da ría de Arousa dende distintos puntos,  así como visitar os seus famosos muiños de vento. A continuación adentrámonos nas faldas do Xiabre e pasaremos polo medio de pequenos bosques de carballos, castiñeiros e pinos, todo por camiños bos e con sitios de avituallamento de auga. Se o tempo e favorable tamén poderemos contemplar algunha que outra pequena fervenza.

O seguinte lugar a destacar deste percorrido é a Ermida de San Cibrán sita na carballeira tamén de San Cibrán, lugar apropiado para repoñer forzas. Coas pilas cargadas iniciaremos o descenso pola veira do río do mesmo nome que a Ermida e a Carballeira. É un tramo para ir amodo, xa que é estreito e irregular, pero non é perigoso.

O último tramo da andaina pasa por algunha aldea antes de iniciar un suave ascenso cara os muiños de Catoira, onde poderemos contemplar o último tramo do Ulla e a súa fusión co mar, para rematar a andaina na lagoa das Pedras Miúdas, un sitio que paga a pena percorrer todos os seus recunchos antes de dar por finalizada a xornada andarina e iremos a onde deixamos os coches aparcados.

Lonxitude 20 km. Dificultade medía – baixa. Duración 6 horas e media.

neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/catoira-pedras-miudas-e-rio-san-cibran-158812618












No hay comentarios:

Publicar un comentario