martes, 5 de julio de 2022

4 de setembro: Monte Pedroso, río Sarela e río Sar (Santiago)

Domingo 4 de setembro: Monte Pedroso, río Sarela e río Sar (Santiago)

Ruta lineal sobre 18 km, dificultade: fácil.

Puntos de encontro:
Ás 7.50 Boiro. 
ás 8 rotonda Te.
Ás 8.10 rotonda Lestrobe.
Ás 8.40 deixaremos algún coche aparcado na zona de Multiusos de Sar
Ás 9.15 empezamos a andar no aparcamento do lago Pedroso https://goo.gl/maps/wnsDqjkNhTwfZwrJ8

A ruta sube ao monte Pedroso e despois se vai polo río Sarela e o río Sar, picaremos algo (cada un leva o seu) na zona do banquete de Conxo, veremos o famoso carballo do banquete de Conxo e remataremos na zona do Multiusos de Sar.

Esta ruta é so para socios/as do club. Para inscribirse hai que mandar un correo a vintedouspés@gmail.com indicando nome, apelidos, teléfono e onde se incorpora (Boiro, Rianxo, Lestrobe ou Santiago) antes das 15 horas do 3 de setembro. 
Os que se inscriban deberán mirar o sábado 3 de setembro a partir das 18 horas por se hai algún cambio de última hora a páxina do club http://vintedouspes.blogspot.com/

1 comentario:

  1. Non se fai a ruta porque non había case nadie anotado. Xa se avisou aos anotados

    ResponderEliminar