domingo, 28 de mayo de 2017

18 de xuño do 2017 ruta do río Barragán


Senda da Fraga do río Barragán
Puntos de encontro:
Ás 8 en Boiro, na Avda. da Constitución, diante da Casa da Cultura
Ás 8.15 na rotonda onde hai gasolineira de Repsol, cerca de Catoira.
Ás 9.20 na igrexa de Moscoso (Pazos de Borbén)

  • Distancia: 19 km
  • Dificultade moderada
  • Duración: 6 horas

Descrición:

Saímos de Moscoso para dirixirnos á parroquia de Xunqueiras, pasando por As Lombas, onde se poderán ver fermosas carballeiras.

A continuación, seguimos por A Levada das Maruxas ata a Ponte de Pau e de aquí á Freaza ata chegar As Chans de Queiron, no nacemento do río, nos límites dos municipios de Fornelos de Montes e Mondariz.

Baixamos e seguiremos o río durante varios quilómetros, onde atoparemos o Muíño Vello, o Muíño Novo e o Muíño do Abade, ata chegar a presa de Eiras (que abastece a cidade de Vigo).

Á altura dos pasos de Portaramil, no límite dos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, subimos A Cidade, un antigo castro onde reconstruíron A Casa da Raíña.

Seguindo a ruta chegamos o Coto do Castro, con moi boas vistas.

Xa de volta pasamos pola parte superior dun acueducto e seguimos pola súa levada ata atopar un camiño ente muros de pedra que nos levará a Moscoso, onde comezamos a ruta.

Como nesta ruta chegamos de volta ao Barbanza máis tarde do habitual aconsellamos que cada un dos participantes leve algo para comer (comida lixeira) nunha parada que se fará na ruta.

No camiño de volta en coche pódese parar no Castelo de Soutomaior e en Ponte Sampaio.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.


Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Seguimos máis ou menos o pr-g 164, neste enlace está o track https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8377191

As fotos son de Paco e Mario
























No hay comentarios:

Publicar un comentario