lunes, 9 de mayo de 2016

5 de xuño, andaina por Taragoña (Rianxo)

Puntos de encontro ás 8.15 en Boiro, diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda da Constitución) e ás 8.30 para empezar a ruta en Campo de Pazos (Taragoña-Rianxo).

Pasaremos por debaixo dos colexios de Taragoña e dirixirémonos ata aldea da Candosa. Tomaremos un sendeiro que pasa por Millón e sairemos en Ardeleiros. Iremos a Saramagoso, pasaremos ao lado do campo de futbol e teremos unha subidiña ao monte, onde faremos unha parada para facer un pequeno descando e picar algo e onde disfrutaremos dunhas vistas espectaculares. Baixaremos a Ourille, viremos polo famoso camiño dos difuntos pasando por Paradela e chegando ao noso destino onde iniciamos a ruta.

Son sobre 17 km e a duración aproximada é sobre 4 horas e media, dificultade media. Fixo Javier de guía.





















Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.


Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13582299

No hay comentarios:

Publicar un comentario