Iremos ao Pindo, pasaremos por Fieiro, Peñafiel, Cova da Xoana e a Moa, e iremos ata as rochas con forma de guerreiro ou xigante. Esta ruta é similar a outra que fixemos hai 3 anos e que gustara moito.
Puntos de encontro (vamos en coches particulares): Boiro (marquesina na Avda. da Constitución,diante da Casa da Cultura) ás 8.40 horas; en Noia (diante da estación de autobuses, enfrente a entrada Mercadona ás 9; en Fieiro (xunto ao parque) ás 9.50.
Distancia aproximada: 13 km. Duración estimada: 5 h. Dificultade: alta.
Para inscribirte manda os teus datos (nome e apelidos e teléfono) ao correo electrónico vintedouspes@gmail.com
Arredor da 1 ou 1 e media farase unha parada de media hora
aproximadamente para facer unha comida lixeira (cada un leva a
súa comida e bebida). Hai que levar calzado axeitado para andar
polo monte e se vai sol, aconsellamos levar gorra ou sombreiro.
Haberá
unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás
que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon
un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te
sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes
un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías
que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.
- Escoller a modalidade que che interesa, as máis habituais son a A (61 €) e a B (64 €) (máis información nesta entrada http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html).
- Ingresar a cantidade que corresponde + 10 € a maiores por cota anual do
Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101
(Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.
- Enviar un email a vintedouspes@gmail.com cos teus datos: nome e apelidos,
enderezo, email, teléfono, data de nacemento e nº de DNI.
Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.
Máis ou menos fixemos este track (a maiores fumos ata o xigante) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3550640
Máis ou menos fixemos este track (a maiores fumos ata o xigante) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3550640
No hay comentarios:
Publicar un comentario