sábado, 7 de noviembre de 2015

22 de novembro Outes - rio Donas


CMB Vintedouspés 22 de novembro Outes - rio Donas
Como a ruta prevista en principio para este día era a do rio Artes e o máis probable é que esté en mal estado faremos esta outra.

Son 15 km, con saida cerca da casa rural de Roque, desde alí se vai cara Lavacolla por unha corredoira de castiñeiros e carballos. Desde a aldea se empeza a subir por unha pista ata chegar a unha aldea, baixamos ao río Donas e seguimos río arriba por un sendeiro pola beira d río (se está desbordado hao unha corredoira paralela) e despois un poco sin camiño ata enlazar con esa corredoira. A partir de aí empiezamos a subir con 1km un pouco duro por pistas pero moi bonito. Volvemos  cruzando outra vez o río Donas polo mismo sitio de antes e paralelos, por máis corredoiras de carballos e castiñeiros, ao camino de ida.
A ruta vai por sitios que non teñen nada que envexar a Ancares ou Courel, é fácil menos por esa subida duriña, a parte do final ten auga e barro.

A saida ás 9 en Boiro e ás 9:30 na gasolinera de Cepsa que hai á entrada de Outes para ir todos xuntos ao punto de saida.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11485902

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica, pero como está rematando o ano non compensa federarse agora, é millor agardar a principios do ano que ven pois é por ano natural  http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/03/licenzas-federativas.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario