lunes, 30 de noviembre de 2015

13 de decembro: Selva negra - Granxa do Xesto - río Xarela (Santiago)


lonxitude 14 km. tempo estimado 4 horas, dificultade baixa.
Hora de saída de Boiro (diante da Casa da Cultura): 8.30 horas. Hora de saída de Santiago - Restaurante - mesón O almacén: 9.30 horas.
Deixaranse os coches no aparcamento que hai ao lado do aparcamento do restaurante-mesón O almacén na rúa Sarela de Abaixo.
Baixaremos cara o río Sarela e veremos un espectacular muiño en fase de restauración, seguimos un tramo polo río ata a ponte Sarela e as ruinas das antigas fábricas de curtidos.
Comezamos a subir cara a Selva negra,un bosque autóctono galego que foi propiedade privada e agora pertence ao concello de Santiago, veremos unha fonte pertenecente á finca que fora da familia Daporta.
Seguiremos camiñando por sendeiros ata chegar á granxa do Xesto, parque con estanques na ladeira do monte Pedroso, continuamos a ruta por camiños  desde onde teremos unhas bonitas vistas de Compostela ca súa marabillosa catedral e chegaremos de volta ao río Sarela. Neste tramo veremos muiños, pontes, curtidurías, lavadoiros, unha taberna e as ruinas do pazo do Espiño. Neste tramo veremos a importancia que tiveron as ribeiras do río no desenvolvemento da cidade e agora bastante esquecido.
Fixeron de guías Juan e Puri. Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11671063



























No hay comentarios:

Publicar un comentario