sábado, 16 de mayo de 2015

25 e 26 de xullo: A Seara - Courel

25 e 26 de xullo: viaxe a  A Seara - O Courel. Aloxarémonos no refuxio da Federación Galega de Montañismo que hai na Seara, este pobo aínda conserva o típico propio dunha aldea medieval, merece a pena facer un percorrido polas súas estreitas rúas. A boa conservación da estructura medieval da aldea, que aínda dispón de currunchos cunha rusticidade envilecida hoxe en día, permitiu que se realizaran nos últimos anos importantes labores de restauración.
Sairemos ás 7 da mañá de Boiro e iremos en coches particulares ata A Seara. Sobre as 10 chegaremos e ás 10.30 iniciaremos a ruta A Seara – lagoa de Lucenza – Pico Formigueros
Tratase dunha fermosa ruta circular que percorre unha parte dos lugares máis emblemáticos do Courel.
Partindo da aldea de A Seara, unha das máis encantadoras da serra, ascendemos por un bello sendero ata chegar á Fervenza do Fócaro, un dos saltos de agua máis atractivos da zona. Seguimos ascendiendo, cruzando por unha ponte de madeira o rego de Porto Mourelos, ata chegar á Lagoa da Lucenza, de orixe glaciar, un dos elementos naturales destacables da serra.
Dende aquí ascendemos ata a Campa da Lucenza e por pista chegamos ao desvío para o ascenso ao Pico Formigueiros (1640 m.), o máis elevado da serra.
Dende aquí, desviamonos por pistas, descendendo pola antiga zona mineira das Ferreñas ata chegar á estrada.
Dende aí, accederemos á Fervenza de Vieiros, e dirixirémonos a Vieiros e finalizaremos o percorrido circular de novo na aldea de A Seara.
Distancia: 14 km.
Duración: 6 horas
Dificultade: media
Cada un levará algo para comer no medio da ruta. A cea ser fará nun mesón que hai na Seara.

O domingo faremos a ruta circular Moreda – Devesa da Rogueira – Parada. Nesta fermosa ruta teremos a posibilidade de coñecer unha das xoias botánicas de galicia: "a Devesa da Rogueira", considerada por prestixiosas publicacións como "un dos mellores bosques da Península Ibérica", no que medran casi todas as especies de árbores, arbustos e flores do Courel.
Tamén percorreremos parte da serra con fermosos paisaxes de montaña, visitando o impresionante Mirador de Polín, a 1371 metros de altitud, dende o que se disfruta unha das mellores vistas de todo o Courel.
E por último, conoceremos algunhas das aldeas tradicionais máis típicas do Courel: Moreda e Parada, atravesando o impresionante souto de castiñeiros que a rodea e coñecendo onde viviron dous das figuras literarias máis relevantes de toda Galicia: os poetas Uxío Novoneyra  María Mariño.
Distancia:10,5 km
Duración estimada: 5 horas.
Dificultade: media
Cada un levará algo para comer no medio da ruta. Ao rematar a ruta emprenderemos o regreso ao Barbanza.
Nesta viaxe permitirase de xeito excepcional poder levar acompañante que non esté federado.
Gastos estimados da viaxe por persoa:
1 noite no refuxio 5 € (senón eres federado 10 €)
Desprazamento en coche ida e volta 12 € (dependendo de cantos paxaxeiros vaian por coche esta cifra pode variar algo).
Cea do sábado 12 €.
Se alguén non quere aloxarse no refuxio tamén é posible durmir na pensión que hai na Seara, o telefono é 982 18 53 24 (nese caso terían que facer a reserva pola súa conta e se lles descontaría o prezo do refuxio). Nese caso avisar tamén ao Club de Montaña do Barbanza quen vaia facer así).
Se hai quen prefire irse o día anterior tamén é posible, nese caso habería que pagar 2 noites e tería que avisar ao Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés.  
Para apuntarse nesta viaxe hai que ingresar por persoa antes do 6 de xuño (ampliouse o prazo, aínda quedan prazas) na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca) 17 € (ou 22 € se eres acompañante e non estás federado), deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita) e mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe do Courel e nome, apelidos e teléfono.
Hai que levar saco ou manta para durmir e comida para a ruta do sábado e a do domingo.

Se tes dúbidas ou queres máis información podes poñerte en contacto con nos

No hay comentarios:

Publicar un comentario