sábado, 16 de mayo de 2015

31 de maio - A Muralla dende Ermida (Rianxo)

domingo 31 de maio: ruta circular de A Ermida á Muralla (Rianxo). Puntos de encontro ás 8.20 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 8.45 diante de parque infantil que hai na aldea da Ermida (parroquia de Araño)
Sairemos da aldea da Ermida, iremos ata Pozo Bastón, iremos algo pola beira do río Te (é máis arriba que na ruta anterior), subimos ata chegar a aldea de Campelo para logo subir á Muralla, ogallá o día esté despexado e poidamos disfrutar das impresionantes vistas, vermos desta vez as torres da catedral?. Baixaremos ata a pedra dos catros concellos , seguimos pola pista de asfalto uns 2 km para logo desviarnos a dereita por camiños de terra ata chegar aldea de Bustelo ( parroquia de san xoan de Imo) concello de Dodro seguimos polos camiños de terra ata chegar aldea de A Hermida Rianxo.
Son arredor de 15,5 km, estimamos que a duración será sobre 4 horas e media, e a dificultade da ruta é media.

Parte da ruta vai pola sombra, pero outra parte non, non sabemos como vai estar o tempo o domingo, pero se vai sol, aconsellamos levar gorra e protección solar. 
faremos un descanso duns dez minutos arredor da metade do percorrido, aconsellamos levar algo para picar nese descanso. Hai que levar tamén auga.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9863902




Home que colocou a pedra dos catro concellos (pasaba por aí cando chegamos nos)






Pozo Bastón

Pozo Bastón


Rio Te


rio Te

No pozo Bastón leeuse unha lenda sobre del (está sacada da páxina web http://www.galiciaencantada.com/index.asp)

Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, concello de Rianxo (A Coruña) cóntase a seguinte lenda.
Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así:
—No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises.
Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún.
Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles.
O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira.
Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga.
E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón.


Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos (para participar nesta ruta tes de prazo ata o 6 de maio) tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/03/licenzas-federativas.html
se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.



Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario