21
de xuño: ruta as Pontes do Lerez (Forcarei). Como é unha ruta
lineal desprazaremonos ata alí en autobús. Sairemos ás
8.20 de Boiro (onde sempre, diante da Casa da Cultura de Boiro),
recolleremos aos de Rianxo na rotonda da autovía sobre as 8.35.
A
ruta son sobre 15 km, a dificultade é media. A ruta iniciase no
mosteiro medieval cisterciense de Santa María de Aciveiro e percorre
por sendas de pescadores as ribeiras do río Lérez ata a aldea de
Gaxín. Na actualidade a súa igrexa é utilizada para o culto
parroquial e as dependencias monacais foron obxecto de restauración
e acollen un hotel. Tras visitarmos o mosteiro a ruta descende cara
ao río, que nos acompañará ata a ponte medieval de Andón. A ruta
abandona momentaneamente o río para se dirixir cara ao Pico Valiñas;
unha mesta vexetación acompaña o sendeirista ata Ponte da Carballa,
onde se recupera a compaña do río Lérez.
Dende
este punto, e a través dunha espesa fraga, o vieiro ha levarnos
dunha ribeira á outra cruzando as pontes do Crego, Maril, Ponte
Vella e Nova de Forcarei, así coma a ponte medieval de Gomail, onde
definitivamente se abandona o curso deste fermoso río e se ascende
para alcanzar a aldea de Gaxín. Convén levar un bocata ou algo para
comer, contamos estar de volta en Boiro sobre as 16 horas (pero pode
haber variación na hora da chegada dependendo como vaia o grupo e
como esté o sendeiro).
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1781262
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1781262
APUNTOUSE XENTE SUFICIENTE PARA COLLER O AUTOBÚS E QUEDAN ALGUNHAS PRAZAS LIBRES, SE QUERE APUNTARSE ALGUEN MÁIS AÍNDA ESTÁ A TEMPO. Para
apuntarse hai que ingresar antes do 19 de xuño na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca) 8 € (deixando constancia no
ingreso o nome da persoa inscrita) e mandar un correo electrónico
indicando que se fixo o ingreso para ruta pontes do Lérez e nome, apelidos e teléfono. Para participar é necesario estar federado en montañismo (para ter seguro de accidentes e rescate).
Chegaron as camisetas, nesta ruta as repartiremos, quen a pediu que traia 8 € para pagala.
Chegaron as camisetas, nesta ruta as repartiremos, quen a pediu que traia 8 € para pagala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario