lunes, 30 de marzo de 2015

19 de abril: Pedra do Cadro. Vilar. Bornalle (Esteiro - Muros)

O domingo 19 de abril faremos a ruta: Pedra do Cadro. Vilar. Bornalle (Esteiro - Muros)
Puntos de encontro: ás 8.30 en Boiro (hai que ser puntuais, na última saída chegamos con retraso a Negreira), Avda da Constitución,diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9.25 en explanada antes de cruzar a ponte, enfrente do Banco Pastor en Esteiro.
Son sobre 13 km, a dificultade é moderada (media)
Saimos de Esteiro, pasando pola igrexa e aldea de Solleiros, empezamos a subir por camiños empedrados ata unha curiosa pedra con petroglifos, despoís pasaremos por unha cova e subiremos ata Pedra do Cadro, cunhas impresionantes vistas da Ría de Muros - Noia. Baixaremos ata as aldeas de Vilar e Bornalle que teñen moitos horreos, iremos un tramo pola praia e xa nos adentraremos no monte para chegar a Solleiros e de aí á ponte de madeira que hai en Esteiro. A ruta foi preparada por Juan.
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9440003
























No hay comentarios:

Publicar un comentario