miércoles, 4 de marzo de 2015

domingo 8 de marzo ruta por Caamaño - regato Corzo (Porto do Son)


Puntos de encontro ás 9 en Boiro (diante da Casa da Cultura) e ás 9:30 na ponte  medieval de Caamaño (Porto do Son).Son 14 km máis ou menos, dificultade media -alta. duración estimada 4 horas
Se sae da ponte medieval, cruzase Caamaño e empezamos a subir durante 2 km ata a lagoa, ten un repecho de 200m duros. Desde alí baixase cara QUEIRUGA, desviámonos por un camiño -.corredoira cun trozo moi embarrado porque estiveron talando. Chegase a unha carretera e vemos un petroglifo. Chegamos á carretera xeral e collemos cara a capela de Pedra Furada, onde collemos un antigo camiño que sube paralelo ao regato de Corzo pasando por dous muiños en moi mal estado. O camiño son uns 600 m, os 200 m primeiros están ben, despois hai 200 m que os devorou as xestas e os toxos e que se convertiron nun regato cando chove. Mollaremos os pes e pincheremonos ao 100%. O último tramo volve a estar ben. Unha vez arriba collese un sendeiro que cruza varios regatos e un petroglifo, ata chegar ao petroglifo das cabras que xa vimos noutra ruta. Desde alí baixase ata Esparrelle, Caamaño e a casiña.
Loreto fixo de guía.
Neste enlace está o track da ruta por se a queres facer http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9033733










No hay comentarios:

Publicar un comentario