viernes, 2 de enero de 2015

4 de xaneiro: fervenza de Cadarnoxo (Boiro) - Iroite


Puntos de encontro: ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución) e ás 9 e cuarto fervenza de Cadarnoxo (dende Moimenta hai carteis), deixade os coches un pouco antes. Na estrada de Noia a Boiro (AC-3101) localizase a poboación de Moimenta. Aquí se sigue unha desviación que si a seguimos ata arriba nos levaría ata a base área de EVA 10. Desviamonos a uns 700 m que se dirixe á fervenza de Cadarnoxo.

Esta ruta circular de arredor de 15 kilómetros iníciase na parte de arriba da aldea de Cadarnoxo (Boiro), perto dunha das máis espectaculares fervenzas do Barbanza, a fervenza de Cadarnoxo, pasa cerca das aldeas de Cubelo e Lidón, teremos boas vistass -se miramos cara atras- da ría de Arousa. Despois duns 5 km de ascensión bordease o monte Iroite, agora teremos boas vistas da ría de Muros e Noia, descenderemos pasando polo lugar de Casamea para voltar a Cadarnoxo pasando cerca da parte alta da fervenza e duns muiños abandoados. Faremos unha parada arredor da mitade do percorrido no que poderedes picar algo do que levedes: bocata, froita, ...

Tempo estimado: arredor de 4 horas e media, dificultade media (esto da dificultade é relativo, depende da forma física de cada un), non ten dificultades técnicas e a subida que ten é prolongada -arredor de 6 km- pero non ten elevadas pendentes -nesos 6 km ascendemos arredor de 400 m de altitude, da unha pendente media de arredor do 15%-.

Respecto a altitudes con respecto o nivel do mar, empezamos a 230 m, facemos uns 400 m por pista asfaltada máis ou menos chan, despois ascendemos sobre 6 km e chegamos aos 640 m de altitude, temos uns 2 km máis ou menos chans e despois ascendemos ata os 660 m (maior altitude da ruta, kilómetro 11) despois descendemos uns 400 m de altitude nuns 4 km.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8461884



















No hay comentarios:

Publicar un comentario