sábado, 13 de noviembre de 2021

23 e 24 de abril do 2022 dúas rutas pola Ribeira Sacra (Castro Caldelas). Bosques máxicos e mirador de Matacás


Bosques máxicos: O PR- G 213 é unha ruta circular que te leva polas paisaxes que rodean Castro Caldelas. Con dous bucles que suman 20,2 km, o seu trazado foi deseñado para facerte gozar camiñando polo patrimonio natural e monumental do que foi recentemente recoñecido como unha das vilas máis bonitas de España.

Percorre prados, viñedos, soutos de castiñeiros e bosques nos que a auga flúe por tódalas partes, e coñece a arquitectura popular e relixiosa que, en forma de muíños, sequeiros, aldeas tradicionais, corredoiras ou mosteiros, xurdiu durante xeracións ao seu redor.

Así pois prepárate, abre os teus sentidos, e segue o camiño que te leva polos bosques máxicos de Castro Caldelas.

Sobre 16,5 km. Circular. Media. Sobre 15 km. Tempo estimado 5 horas e media.

 





















Mirador de Matacás: O PR-G 237 é unha ruta circular que une o centro de Castro Caldelas co Miradoiro de As Penas de Matacás, onde se abre unha panorámica espectacular sobre o Canón do Sil que pon de manifesto o contraste entre as ladeiras boscosas de Ourense e os asollados viñedos en socalcos de Lugo.

O percorrido ofrece o gran atractivo dos viñedos, soutos e aldeas de xisto negro de Paradela e Alais, a sobreira centenaria de Lugar de Arriba e as fermosas vistas ao val de Abeleda e aos bosques que rodean Castro Caldelas.

Sobre 16,5 km. Circular. Media. Sobre 15 km. Tempo estimado 6 horas e media.

(Información das rutas facilitada polo Concello de Castro Caldelas)



















domingo, 7 de noviembre de 2021

Domingo 21 de novembro rio da Fraga, Chan de Arquiña e torre de Meira


Lonxitude sobre 17 km, dificultade media pero ollo ten un descenso por cortalume algo complicado. Ruta circular.

Neste enlace está o track da ruta que fixemos https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/rio-da-fraga-moana-e-chan-da-arquina-89438426


Información da ruta facilitada por MCMOLEDO:

Esta ruta transcurre en buena parte de su recorrido por las tierras de Moaña regadas por El Río da Fraga.

En su primera parte, realmente espectacular, coincide con el llamado “Sendero Do Río Da Fraga”.

Un regato que nace en El Monte Xaxán y que también es conocido como Río Dos Ladróns.

A lo largo de su cauce, en una y otra orilla, irán apareciendo figuras de molinos, muchos de los cuales ya no funcionan pero que contribuyen a la belleza de la senda.

El camino va serpeando con el regato que nos ofrece diferentes estampas. Ya tranquilo y reposado, ya embravecido en rápidos y caídas de agua...

Pero quiero destacaros sobre todo las diferentes pozas que iréis encontrando y que en épocas calurosas podréis aprovechar para daros un chapuzón.

Y, sobre todo, no dejéis de acercaros a contemplar las dos cascadas que su lecho forma jugando con los desniveles que en él encuentra.

La primera es bonita, pero yo resalto sobre todo la segunda, casi una desconocida, pero que es una auténtica maravilla deslizándose cual cola de caballo montaña abajo, en un entorno realmente fantástico.

Para cruzar de orilla a orilla, en este recorrido hay imnumerables pasarelas y puentes de madera que facilitan el trasiego.

Os encontraréis elementos arbóreos propios de ribera, alisos, abedules, fresnos, sauces, pero también el autóctono roble.

Y, dejando atrás La Fraga, nos dirigimos, ascendiendo, hacia Chan da Arquiña.
Allí el dolmen, joya de las creencias de nuestros ancestros prehistóricos, nos saluda tranquilo y reposado.

Ya descendiendo, iremos obteniendo diferentes visiones de la Ría de Pontevedra y la Isla de Ons por un lado.

Por el otro, La Ría de Vigo, con la silueta de Las Islas Cíes en su bocana.
Y, sin lugar a dudas, no podéis perderos La visita a la Torre de Meira, auténtico mirador sobre Moaña Y La Ría De Vigo que tambiém encontraréis en esta caminata.
Reseñar que la primera parte, como ya dije, es realmente espectacular y que la ruta se encuentra en muy buenas condiciones para el senderista.

La ruta la clasifico de moderada porque al descender de Chan da Arquiña nos encontramos un pedregoso cortafuegos. Por lo demás todo fácil de andar.. 




















sábado, 16 de octubre de 2021

Avisos do club

A entrada da viaxe a  A Pontenova e Oscos quedou moi atras, nesta páxina podedes ver agora as fotos http://vintedouspes.blogspot.com/2021/05/fin-de-semana-do-6-e-7-de-novembro.html


Aínda hai prazas para incribirse na saída de Somiedo e Babia que teremos o 24 (festivo), 25 e 26 de xuño do 2022 http://vintedouspes.blogspot.com/2021/07/24-festivo-en-galicia-25-e-26-de-xuno.html