sábado, 13 de noviembre de 2021

23 e 24 de abril do 2022 dúas rutas pola Ribeira Sacra (Castro Caldelas). Bosques máxicos e mirador de Matacás


Bosques máxicos: O PR- G 213 é unha ruta circular que te leva polas paisaxes que rodean Castro Caldelas. Con dous bucles que suman 20,2 km, o seu trazado foi deseñado para facerte gozar camiñando polo patrimonio natural e monumental do que foi recentemente recoñecido como unha das vilas máis bonitas de España.

Percorre prados, viñedos, soutos de castiñeiros e bosques nos que a auga flúe por tódalas partes, e coñece a arquitectura popular e relixiosa que, en forma de muíños, sequeiros, aldeas tradicionais, corredoiras ou mosteiros, xurdiu durante xeracións ao seu redor.

Así pois prepárate, abre os teus sentidos, e segue o camiño que te leva polos bosques máxicos de Castro Caldelas.

Sobre 16,5 km. Circular. Media. Sobre 15 km. Tempo estimado 5 horas e media.

 





















Mirador de Matacás: O PR-G 237 é unha ruta circular que une o centro de Castro Caldelas co Miradoiro de As Penas de Matacás, onde se abre unha panorámica espectacular sobre o Canón do Sil que pon de manifesto o contraste entre as ladeiras boscosas de Ourense e os asollados viñedos en socalcos de Lugo.

O percorrido ofrece o gran atractivo dos viñedos, soutos e aldeas de xisto negro de Paradela e Alais, a sobreira centenaria de Lugar de Arriba e as fermosas vistas ao val de Abeleda e aos bosques que rodean Castro Caldelas.

Sobre 16,5 km. Circular. Media. Sobre 15 km. Tempo estimado 6 horas e media.

(Información das rutas facilitada polo Concello de Castro Caldelas)



















No hay comentarios:

Publicar un comentario