lunes, 13 de octubre de 2014

9 de novembro, ríos Pedras, San Xoán e Barbanza


O domingo  9 de novembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta circular: ríos Pedras, San Xoán e Barbanza. Foron sobre 14 Qm, dificultade media-alta, duración aproximada 5 horas.
Os puntos de encontro foron ás 9 menos 20 na parada de autobús diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 na explanada onde remata a carretera que vai dende a Pobra do Caramiñal ata Aldeavella, zona das piscinas do río Pedras.


Esta preciosa ruta iniciase no río Pedras, dirixímonos cara a ponte medieval da Miserela e iremos ata unha piscina do río onde se xuntan o río Barbanza e o San Xoán, pasando a chamarse a partir de aí río Pedras, pasamos por onde houbo un convento de franciscanos, e iniciamos unha dura subida por un sendeiro que vai paralelo ao río San Xoán, tamén chamado dos tobogáns, nun quilómetro se ascenden aproximadamente 250 metros de altitude, por elo esta ruta é de dificultade media-alta, hai máis subida, pero xa con pendentes normais. As vistas da ría de Arousa son espectaculares. Como o curso do río está pechado de silvas e toxos desviámonos á dereita cara a uns muíños de vento na serra do Barbanza, ao alto do Castelo, pasamos por diante do curro das Cañizadas e dirixímonos cara o río Barbanza, cruzamolo na Portela, iremos paralelos ao río Barbanza pero máis altos, polo alto do Salgueiro e baixaremos por sendeiros e algunha pista ata Entrerríos, dende aí tivemos algo de asfalto e algo de subida para chegar ao final da ruta. Respecto a altitudes, empezamos a uns 160 metros de altitude e o punto máis alto é arredor de 590 metros.

Fomos 48 pés, entregaronse os carnés de socios/as, tivemos unha mañá bastante boa a pesar de que choveu algo, e os ríos levaban bastante auga, estaban espectaculares. 

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8461901

Quen o desexe pode pinchar onde rematan as fotos e pon "No hay comentarios" ou "comentarios" e contar algo da ruta (o que máis lle gustou, o que menos, que lle pareceu, ...).
piscina río Barbanza

río San Xoán

río San Xoán

río San Xoán



alto do Castelo

mirador cañón río Barbanza


Entrerríos






martes, 23 de septiembre de 2014

12 de outubro: Boiro - Neixón


Se sae de diante da Casa da Cultura de Boiro (marquesina Avda da Constitución) ás 9 cara a Boliña.Cruzase o núcleo e hai unha pequena pero intensa subida para coller varias pistas por piñeirais. Sobre o Qm 5 chegase a Cubeliños onde está petroglifo das cabras e un cruceiro "tipo de Loreto"(o que sepa por qué se chama así que o conte). Despois vaise por carretera dirección a Neixón todo pola costa, collense máis camiños por piñeirais e chegase ao castro.Dende alí siguese por pistas e pasase por debaixo da autovía. Vaise un tramo á beira do río Grande. Percorremos uns 200 m pola estrada comarcal ac305 e collemos o sendeiro que vai paralelo ao río Brea. Antes de chegar a San Ramón collemos un desvío en dirección a Xiao, subida por carretera para volver a coller sendeiros por piñeirais ata Treito de arriba e dende alí a Sandrenzo onde volvemos a coller algo de asfalto,1 Qm. Collemos outro camiño polo monte que nos lleva á entrada do polígono empresarial de Boiro e dende alí baixada á Casa da Cultura.
Ruta circular de arredor de 18 Qm de dificultade media. Fixo de guía Loreto
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8011128









domingo, 21 de septiembre de 2014

actividades doutras entidades

25 de outubro, ruta do magosto no Courel, máis información http://www.fontedomilagro.org/index.php/12-news/latest-news/152-ruta-do-magosto

Andaina da Castaña de Parada do Sil, 8 de novembro. Máis información http://www.ribeirasacracm.org/base/galego/VIIIandainaC14.php

II Carreira Popular Toffe Concello De Rianxo (1 do 11 do 2014). Neste enlace tes máis información http://emesports.es/project/carreira-popular-toffe-concello-de-rianxo/

Sábado 27 de setembro, O Concello de Negreira organiza andaina popular de Negreira. 25 Qm., prazo de inscrición ata o 26, telf. 981 885 886.



lunes, 18 de agosto de 2014

21 de setembro, Rianxo - Monte das Cercas

Monte das Cercas

PUNTOS DE ENCONTRO ÁS 20.30 HORAS DIANTE DA CASA DA CULTURA DE BOIRO E ÁS 8.45 DIANTE DO INSTITUTO FELIX MURIEL DE RIANXO.

RUTA QUE SAE DENDE O INSTITUTO FELIX MURIEL DE RIANXO SEGUE POLA ANTIGUA CANTEIRA DE RIANXIÑO ATA A CAPELA DE SAN PEDRO CRUZAMOS AUTOVIA E SEGUE PARALELA PASANDO POLO CAMPO DE FUTBOL DE ASADOS ATA O MONTE DAS CERCAS ONDE HAI UNHA MAMOA E UNHA PAISAXE DO RIO ULLA MOI FERMOSA, SEGUE POR POLO CAMIÑO DO ANTIGO MIRADOR DA FORESTAL, ONDE DISFRUTAMOS DUNHA VISTA FERMOSA SOBRE A RIA DE AROUSA SEGUIMOS ATA MEIQUIZ E CABANAS, SAIREMOS PERTO DO IES DE RIANXIÑO E VOLTAREMOS AO PUNTO DE PARTIDA.

TEN UNHA LONXITUDE APROXIMADA DE 18 Qm, UNHA PEQUENA PARTE POR ASFALTO. DIFICULTADE MEDIA. LEVOUNOS 4,5 HORAS. Guiou Moncho.
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2458994
Mantis relixiosa

Mamoa do Campillo

Ponte do Ave sobre o Ulla

Illa de Cortegada

Ermida de S. Pedro










ESTE DOMINGO ESTABA PREVISTO FACER A RUTA DAS PONTES DO LEREZ, PERO AO PREPARALA VIMOS ALGÚN SITIO CON CERTO PERIGO PARA PASAR, ASÍ QUE DECIDIMOS POSPOÑELA PARA OUTRA OCASIÓN.

Actividades de sendeirismo doutras entidades

A 4ª edición do Camiño dos faros (Costa da Morte) empeza o domingo 31 de agosto cunha etapa de 22 km. Máis información nestes enlaces:
http://www.caminodosfaros.com/
https://www.facebook.com/events/1539456622943041

TÁLLARA - LOUSAME: camiño do mercado. Domingo 7 de setembro de 10 a 13 horas. Información e inscricións 634 70 11 35

martes, 22 de julio de 2014

17 de agosto: Obre - San Lois - Portosín

O domingo 17 de agosto o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta circular Obre - San Lois - Portosín, Os puntos de encontro foron ás 8 e media en Boiro - diante da Casa da Cultura e ás 9 en Obre - na esplanada que hai diante de Bacalaos Ferro.

Frron sobre 17 km, dificultade media, os seis primeiros kilómetros son duros, duración estimada 4 horas.

Dende Obre subiremos ao monte San Lois polo camiño Real, baixaremos a Camboño, e despois dirixirémonos ao monte que hai por riba de Portosín, baixaremos ata o porto e Portosín e voltaremos ao Obre polas praias de Gaivotas, Pardinas, Boa e Testal.

Fixeron de guías Mariola, Favi e Manoli.


















Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7593162

Neste enlace de coge3 sobre esta saída https://www.facebook.com/coge3/posts/1520518018182529


Perfil da etapa


miércoles, 9 de julio de 2014

actividades de sendeirismo doutras entidades

O grupo de sendeirismo do Centro Cultural de Taragoña organiza unha ruta de sendeirismo nocturna o sábado 12 de xullo de arredor de 13 Qm. O punto de saída é diante do Centrro Cultural de Taragoña - Campo de Pazos (Taragoña) ás 10 da noite.

*********************************************

O Concello de Rianxo organiza andaina nocturna circular o venres 18 de xullo, que discorre polo término municipal de Rianxo. Percorre as parroquias de Rianxo, Taragoña e Asados.
Vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto).
A andaina partirá da praza Castelao as 22:30 h.  para completar un percorrido circular de aproximadamente 15 km.  de nivel medio/baixo.
A inscrición será gratuíta e poderá formalizarse nos pavillóns polideportivos e no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.es).
Mais información e inscricións no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo (981.86.63.81).


                                   *********************************************

O Concello de Boiro (Turismo) organiza no verán 8 rutas de sendeirismo, 
Cada ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de 
Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654