Boas, o sábado 8 de agosto o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha ruta nocturna "Vilar - Campelo - Muralla (Rianxo)" empezaremos a andar na aldea do Vilar, iremos cara Campelo e desde aí subiremos ao monte Muralla e voltaremos pola cresta ao punto de inicio, onde tomaremos un chocolate con rosca. Transcurre polo concello de Rianxo, ao ser nocturna iremos por pistas e camiños de terra en bo estado, teremos boas vistas da ría de Arousa e poderemos divisar Santiago de Compostela.
Aconsellamos -non é obrigatorio- levar por se acaso linterna
- o máis cómodo é unha frontal para ter as mans libres- e chaleco ou algo
reflectante. Ruta para socios/as.
Puntos de encontro son:
En Boiro ás 21.30
horas na Avda da Constitución, diante da Casa da Cultura de Boiro.
Distancia a percorrer sobre 11 km. Dificultade fácil pero
hai que ter en conta que teremos unha boa subida desde Campelo ata o alto de A
Muralla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario