É unha ruta aberta a non socios/as e persoas sen federar, aos que se lle fai un seguro de día. Se tedes coñecidos que lles poda interesar podedes informarlles. Iremos en autobús.
Podes ver información da etapa neste enlace https://www.
Faremos catro etapas en total desde Santiago a Fisterra, iremos tamén en autobús, aparte desta primeira está previsto:
13 de abril, 2ª etapa, Negreira – Olveiroa
27 de abril, 3ª etapa, Olveiroa – Cee ou Corcubión
11 de maio, última etapa, Cee ou Corcubión - Fisterra
Sairemos en autobús ás 8 e media da mañá o domingo 30 de marzo. O autobús non pode agardar pola xente, debedes estar 5 minutos antes da saída nos puntos de encontro. Aconsellamos levar algo para comer, cantimplora con auga e unha mochila para deixar no autobús e mudarse ao chegar.
Neste enlace está o track da ruta http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=206809279
No hay comentarios:
Publicar un comentario