A próxima
ruta do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés consistirá en asistir á
Andaina de Guláns (Ponteareas) - Ruta
dos Penedos o domingo 12 de marzo de 2023.
O noso club
vai poñer un autobús, os/as socios/as van gratis.
Para
beneficiarse da gratuidade do autobús cada persoa interesada deberá inscribirse
na proba, pagar a cota de inscrición 10€ (esta é cota para federados tanto para
a andaina de 25 km como a de 12 km)-inscricións aquí https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/52/Andagulans25km-IX-Open-Andainas-de-Regularidade-25-km-(2023)/
SE TES
PROBLEMAS PARA FACER A INSCRICIÓN DENDE UN MÓBIL PROBA A FACELO DENDE UN
ORDENADOR.
E mandar un
correo a vintedouspes@gmail.com ou
un whatsapp a 609071273 indicando nome e apelidos, onde vai colle o autobús e
que está inscrito á andaina de Guláns.
O noso autobús
sairá ás 7 de Boiro (diante da Casa da Cultura de Boiro), ás 7 e 10 de rotonda
de Te, e ás 7 e 20 rotonda cerca de
Catoira (gasolineira Repsol). Hai que ser puntuais o autobús non agarda por
quen non esté.
AndaGuláns
2023 – Ruta dos Penedos – Open 25 km
Hai dúas
opcións: facer 25 KM ou 12 KM
Esta andaina
forma parte do IX Open Andainas de Regularidade 25 km (2023)
Actividade
organizada pola Asociación Cultural Guláns e o Clube de Montaña Xistra.
Colaboran
Concello de Ponteareas e Protección Civil.
Información da Ruta
Data: 12 de
marzo de 2023
Distancia:
Rutas Circulares de 25 km e 12 km, aproximadamente
Dificultade:
25 km Media/Alta e 15 km Media/Baixa
Só conta
para a competición de regularidade a proba de 25 km
Peche de inscricións: 7 de marzo de
2023, ás 23:59 horas. Hai prazas limitadas, igual se cubren as prazas con
anterioridade.
Entrega de
dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas
Punto de
saída: Centro Cultural de Guláns (Ponteareas)
Inicio da
Andaina de AndaGuláns 25 km: 9:00 horas
Inicio da
Andaina de AndaGuláns 12 km: 9:30 horas
Punto de
chegada: Centro Cultural de Guláns
Avituallamentos
durante a proba.
Ó finalizar
haberá comida con callos e bebida.
OS FEDERADOS
FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO
MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN
FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR NA PROBA. NON SE DEVOLVERÁN OS CARTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario