A dificultade é moderada, os sendeiros estan recién desbrozados, con un trazado por camiños de monte, empedrados, sendeiros de gran beleza paisaxistica, prácticamente toda a ruta sorprende por as formas increíbles que conforme se vai camiñando forman grandes bloques e areas graníticas a cal mais espectacular.
A subida faise comoda, ata aprox 660mts altitude, ofrecendo vistas fermosas entre rocosas e panoramicas da Ria de Muros.
O primeiro punto de interese seria a Pedra do Cadro, continuando para As Brañas, dende estas continuamos ata a aldea A Laxe, realmente curiosa asi como outras aldeas pequenas abandonadas, voltando a un pasado, ensinandonos as vivendas de pedra nas que habitaban, facendo que a ruta sexa diversa, interesante e sorprendente.
Mais para diante visitamos a Torre da Laxe, una formación rocosa singular con unas vistas fermosas, ainda que aclarar que aquel que o desexe en este punto, poderia descansar pois e un sendeiro de ida e volta de aprox 600mts, pero que aconsellamos visitar. Seria o punto máis alto e xa comenzaríamos a baixar.
A ruta ten bastante zonas de sombra, pasa por carballeiras, sendeiros empedrados moi curiosos, zonas de monte común, en xeral unha ruta que sorprende e aconséllase gozar.
Son sobre 17km.
No hay comentarios:
Publicar un comentario