miércoles, 23 de diciembre de 2020

Como federarse

Tarxeta federativa 2021

Xa é posible tramitar a licenza federativa para 2021 (a Federación decidiu manter as tarifas do 2020), se queres tramitar a licenza hai que:

1.- Escoller a modalidade que che interesa os prezos das licenzas federativas para o ano 2021 están neste enlace

 https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2019/12/2Prezos-de-Licencias-2020.pdf

 2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta

 ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

 A modo de exemplo:

 -Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 84 € (nesos 84 vai incluida cota do club).

 -Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 88 € (nesos 88 vai incluida cota do club).

 -Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 61 € (nesos 65 vai incluida cota do club)

 

 

 

3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/oE7sntLh4bgd9inT7

 

////////////////////////////////////////

 

Información importante:

 

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro do 2021.

 Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

 Estar federado dáche dereito a:

Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)

Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)

 Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional

 Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio

 Prezos moi reducidos nos refuxios galegos

 Comunicacións periódicas

 Calendario de actividades

 Participar en actividades divulgativas

 Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña

 

Neste enlace hai información da taxeta federativa da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada http://www.fedme.es/tarjetafederativa/

 

Neste enlace está a información da Federación galega de montañismo https://fedgalmon.gal/

 

///////////////////////////////////////////////////////////////////////

 

As rutas para o 2021 por mor do covid non se pode aínda concretar, tan pronto vai millorando a situación empezaremos a programar rutas. O plan previsto vai ser na liña dos últimos anos, faranse rutas dun día, nalgunhas desprazarémonos en coches particulares  –as que sexan máis cerca-  e outras en autobús. Temos previsto facer dúas saídas de fin de semana:

-Lembrarvos que está programada a viaxe aos Ancares, tres días aproveitando o festivo do 17 de maio, e está aberto o prazo para inscribirse (mandamos correo electrónico e hai información no blog).

-A outra está prevista no segundo semestre do ano e aínda está pendente do concretar.

Está previsto este calendario do Open25km no que organizamos nos a proba o 3 de outubro:

 

Guláns 25 km:         21 Marzo 2021 - C.M. Xistra / A.C. Guláns

Cuntis 25 km:          20 Xuño 2021 - CdM Xesteiras / Concello de Cuntis

Marín 25 km:           18 Xullo 2021 - CdM Xesteiras / Concello de Marín

Noia 25 km:             19 Setembro 2021 - Club Trabandainas / Concello de Noia

Barbanza 25 km:       3 Outubro 2021 - C.M. Vintedouspés / Concello de Rianxo

Vigo 25 km:              17 Outubro 2021 - C.M. Xistra / A.V.C.D. S.Xurxo de Saiáns-Vigo 

Ponteareas 25 km:  31 Outubro 2021 - C.M. Xistra / Concello de Ponteareas

No hay comentarios:

Publicar un comentario