jueves, 13 de febrero de 2020

1 de marzo Monte da Pena (Rianxo)

SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO, NESTE MOMENTO QUE CONSULTAMOS AEMET NON DA CHUVIA POR RIANXO O DOMINGO 1 DE MARZO ENTRE AS 8 E AS 17 HORAS PERO NON VOS CONFIEDES, ACONSELLAMOS LEVAR ROUPA AXEITADA POR SE ACASO. (ACTUALIZADO SÁBADO 29 DE FEBREIRO AO MEDIODÍA).


Monte da pena
Saída da depuradora de Rianxo, no final do muelle. Iremos polas praias de Tanxil, o Porrón e as Cunhas, pasaremos polos petroglifos dos mouchos, pola aldea maldita de Abuin e colleremos unha pista que nos levará ao mirador do alto da Pena, onde hai unhas vistas interesantes da ría de Arousa e do río Ulla, baixaremos cara a parroquia de Asados, pasando pola capela de San Pedro, chegamos a Rianxiño e dirixirémonos á Praia do Porrón e voltaremos ao punto de inicio.

Son sobre 15 km, a ruta é fácil e o tempo estimado sobre 4 horas e media.

Puntos de encontro: ás 8 e media en Boiro, diante da Casa da Cultura. Ás 8.45 na depuradora de Rianxo.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica https://vintedouspes.blogspot.com/2019/12/licenza-federativa-2020.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Se vas participar, a tarde anterior á saida revisa o blog de CMB Vintedouspés por se hai algún cambio de última hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario