domingo, 15 de diciembre de 2019

licenza federativa 2020

Licenza federativa no ano 2020, se queres tramitar a licenza a través do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés hai que:

1.- Escoller a modalidade que che interesa Os prezos das licenzas federativas para o ano 2020 están neste enlace https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2019/12/2Prezos-de-Licencias-2020.pdf

2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta  ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

 A modo de exemplo:

 -Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 84 € (nesos 84 vai incluida cota do club).
  
-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 88 € (nesos 88 vai incluida cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 65 € (nesos 65 vai incluida cota do club)

3.- Cubrir formulario neste enlace
https://forms.gle/WgWcYfcb6yTNDMtS8

////////////////////////////////////////////////

Estar federado dáche dereito a:
Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
Comunicacións periódicas
Calendario de actividades
Participar en actividades divulgativas
Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es

As licenzas son válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.

No caso de accidente
Información concerniente a tódalas aseguradoras:

Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

Calquera accidentado ten obriga de cumprimentar un Parte de Accidente e remitilo á Federación coa maior brevidade.

Pasos a seguir no caso de accidente deportivo e centros concertados: Guía de Urgencias Federaciones Deportivas

 No Caso de:

ACCIDENTE DEPORTIVO CON RESCATE
Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope. O número de emerxencias en España é o 112. Infórmese do número de emerxencias se viaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado. O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.
   
ACCIDENTE DEPORTIVO SEN RESCATE
Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado. En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.

Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.

Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.

Neste enlace está a información da Federación ao respecto das licenzas https://fedgalmon.gal/licenza/




No hay comentarios:

Publicar un comentario