Saida do lugar de Ponte de Santo Alberto (Parga-Guitiriz, Coordenadas- UTM: 29T X:598225
Y:4780850), lonxitude 19,6km,
dificultade fácil, duración estimada da ruta 6 horas. A ruta é lineal.
Información
da ruta facilitada por Turgalicia:
A Ruta da
Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e
Ladroil, percorre o verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto
ata a Carballeira de Pardiñas.
Os lugares,
historia e construcións, farán del un camiño moi recomendable: as pontes de
Santo Alberto no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Pitero, as de Parga,
Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, coma os restaurados de Parga
e Ferreira; as áreas de lecer coma a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de
Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga; as igrexas, capelas e a curiosa
mesquita de Guitiriz;...
No hay comentarios:
Publicar un comentario