lunes, 8 de abril de 2019

Domingo 28 de abril, Ruta do CMB Vintedouspés polo monte Aloia (Tui)



Comenzamos na aldea de Circos para subir polos muiños do Tripes, despois cruzamos a aldea de Frinxe, para subir polo camiño da canaleta en dirección ao centro de interpretación  do  monte Aloia, de aí seguimos ata o alto do Xiao para visitar o entorno e dende os miradores disfrutar  das paisaxes, e ali  tomamos un tentempie, acto seguido baixamos por unha ruta marcada por detras da capela de san Xulian, en direccion a San Fins de Rebordans, e de aí chegamos de novo a Frinxe, e despois a Circos, punto e final.    Os primeiros cinco ou seis km media tirando a alta, e o resto moi boa de facer, así que no conxunto se califica como media, mais ou menos uns 17kms.

Información sobre o parque natural Monte Aloia, facilitada pola Xunta de Galicia:


Próximo a Tui e integrado na Serra do Galiñeiro, o Monte Aloia ten uns 10 km de sendas nunha paisaxe singular. É o resultado dunha exótica repoboación realizada hai 100 anos con cipreses, abetos e cedros do Líbano.
Declarado Parque Natural en 1978, o primeiro de Galicia, o monte Aloia é unha auténtica atalaia a 700 m de altura con 5 miradoiros e extraordinarias vistas sobre o río Miño. No monte hai restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas. Dise que aquí as eguas salvaxes son fertilizadas polo vento. Tamén que este é o mítico Monte Medulio, escenario do suicidio colectivo das tribos celtas antes de caeren en mans dos romanos.
O Aloia sábese atractivo nunha terra tocada pola bondade no climatolóxico e exuberante no natural. Un monte verde que ten ademais sólidas raíces no subsolo de granito. Coñeceu ao longo da súa historia usos defensivos, relixiosos, forestais e recreativos. Foi o primeiro Parque Natural de Galicia, e aquí permanece en complicidade co río que aos seus pés comeza a despedirse antes de se entregar ao mar.
A serra do Galiñeiro, que se eleva como pequeno cordal montañoso en primeira liña de costa, parte de cotas por baixo dos cen metros de altitude e ascende ata os 629 metros no alto de San Xián. O outeiro domina a paisaxe, cualificada como atalaia sobre o Miño. Todos os regatos que do Aloia nacen buscan o val do Miño nun curto traxecto de brava revelación do seu pasado muiñeiro.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario