Desde a
enseada do Lodeiro (as Grelas) vamos cara o interior nunha subida esixente pola
Ruta do Rego dos Muíños ata o Castro A Cibda e o Dolmen de Dombate, dous xoia
arqueolóxicas de A Costa da Morte.
Desde
Dombate tomamos dirección á costa, desviándonos en Fontefría para subir ao
Monte Castelo, o cume do Camiño dos Faros con 312 metros. Alí contemplamos as mellores
vistas panorámicas da Ría de Corme e Laxe.
Desde ese cume
baixamos por Canduas cara á Praia de Area das Vacas, á que non chegamos para tomar antes un cruce
que nos leva pola Costa da Mundiña á praia de Rebordelo.
A última
parte da etapa lévanos á Punta do Cabalo, desde onde temos unhas vistas
panorámicas de toda a Ría de Corme e Laxe. A partir de aí, iremos pola costa
pasando o fermoso coído de Frexufre antes de acadar Laxe, ao que chegaremos pola
súa extensa praia ata a praza do pobo, final desta ruta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario