Ás 7.45 diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda da
Constitución).
Ás 8.05 no
aparcamento do Hotel Escala (cerca de Padrón).
Ás 9 na área recreativa de Santaia (Touro).
Distancia aproximada: 19,8 km.
Duración estimada: 5 horas e media.
Dificultade: media-baixa.
O 95% da ruta discurre por sombra. A ruta será lineal (non
circular), deixaremos algún coche no final da ruta e outros no inicio.
Esta ruta é unha variante de unir os sendeiros pr-g 93
(senda do Ulla) e pr-g 121 (tres rios), o pr-g 93 non se fai completo, uns 2 km
antes de rematalo se sae da ruta para ir ao lugar de Fao (punto final desta
ruta)
Empezaremos a andar no lugar de Santaia (área recreativa) e
iniciaremos a ruta pola beira do rio Lañas, posteriormente iremos polo rio
Beseño e remataremos no rio Ulla.
Ten 2 partes claramente diferenciadas:
A dos rios Lañas e Beseño son camiños estreitos con
continuas subidas e baixadas, hai bosque autóctono ben conservado e numerosos
muiños, veremos a fervenza Salto das Pombas.
A do rio Ulla discurre por bos camiños de bosques autóctonos
de sobreiras e carballos principalmente, zona de especial protección dos
valores naturais, dentro da Red Natura 2000, sen grandes desniveles. Veremos
varios muiños , antigas ouriceiras e a fervenza do Inferniño.
Tempo estimado 5 horas e media. A dificultade puxemos facil
por estar feita no verán, si se fai noutra época con chuvias a dificultade
sería moderada pola primeira parte da ruta.
Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo
(polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se
estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e
deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes
unha entrada do blogue no que se explica
http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html
Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637
227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser
puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.
Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e
outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto,
se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te
sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de
forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo
tivera que ir agardando por ti.
Os que vaian asistir estade atentos ao blog o sábado 22 de
xullo pola tarde por se hai que facer algún cambio no plan previsto.
Agardamos que a ruta sexa un baño de natureza en estado puro e un
pracer para os sentidos.
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18825857
As fotos son de Moncho (Noia) e Moncho (Rianxo ou Imo).
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18825857
As fotos son de Moncho (Noia) e Moncho (Rianxo ou Imo).
Estreando camisetas |
Fervenza do inferniño |
No hay comentarios:
Publicar un comentario