domingo, 4 de diciembre de 2016

Tres días de sendeirismo pola Ribeira Sacra. 29, 30 de abril e 1 de maio


Actividade especial do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés o 29 e 30 de abril e 1 de maio do 2017 sendeirismo pola Ribeira Sacra.

Aloxarémonos en Parada do Sil, en 3 sitios: O Torgal, Apartamentos Ribeira Sacra e Casa da Lenda.

Terán preferencia para inscribirse os socios do club, no caso de que sobre alguna praza poderán anotarse non socios. Se algunha persoa se vai facer socia no 2017 e quere apuntarse a esta viaxe á Ribeira Sacra, pode ingresar a cota da federación e os 10 € do noso club e enviar os datos.

Está previsto realizar as rutas:
CANÓN DO SIL-SANTA CRISTINA, CANON DO RÍO MAO e MAQUINO LARGAÑO.

Gastos da viaxe por persoa:
federados do noso club
- 2 noites nos aloxamentos antes mencionados 50 €.
- 2 Ceas (sábado e domingo) 24 €.
non federados: seguro de día 12 € por 3 días

NON QUEDAN PRAZAS, SE QUERES PODES ANOTARTE EN RESERVA POR SE HAI QUEN ANULA. CHAMA AO 615 637 227.

Para apuntarse nesta viaxe:
- Hai que ingresar:
*federados do noso club 74 € por persoa
*federados doutros club 80 € por persoa
*non federados 90 € por persoa
 na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita.
- Mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe da Ribeira Sacra e nome, apelidos, e teléfono.
(Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado e indicando nome e apelidos.)
-As prazas son limitadas. Reservarase por orde de inscrición.

O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.
Cada un ten que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas enerxéticas) para as rutas do sábado e do domingo. Hai que levar auga para as rutas e calzado axeitado para andar por montaña.
Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se devolverán os 24 € da cea, sempre que se avise con 4 días de antelación. Excepto si se anula por unha causa de forza maior e hai persoas de reserva e ocupen o seu sitio, nese caso excepcional devolverase a totalidade.

Información das rutas (facilitado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra):

CANÓN DO SIL-SANTA CRISTINA

Esta ruta circular, empeza e termina na Praza do Barquilleiro, no pobo de Parada de Sil. Debido á proximidade da Praza do Barquilleiro e Fondo de Vila, pódese dividir a ruta en dous tramos tamén circulares mediante unha variante.  Isto permite reducir o percorrido á metade.
O carreiro transcorre maioritariamente por camiños de carro, entre muros, que percorren a paisaxe do borde do canón, entre unha abundante vexetación onde predominan os carballos e os castiñeiros.
Boa parte do percorrido realízase de maneira paralela ao Río Sil, e atoparemos varios miradoiros no percorrido, o que nos permitirá gozar das espectaculares vistas, e dos tradicionais viñedos dispostos nas paredes do canón.
Un dos puntos máis interesantes do percorrido é o mosteiro de Santa Cristina, que se atopa escondido no medio dun souto de castiñeiros. Pódese visitar todo o ano, aínda que a igrexa só está aberta no verán e algúns fins de semana.
M.I.D.E. Desplazamiento: 2 
M.I.D.E. Itinerario: 2 
M.I.D.E. Esfuerzo: 4 
M.I.D.E. Medio: 2

RUTA DO CANON DO RÍO MAO

Esta ruta circular do Concello de Parada de Sil, é unha das máis atractivas da Ribeira Sacra.A ruta percorre o Canón do río Mao, dende San Lourenzo ata a ponte romana de Conceliñas, aproveitando a canle abandonada da antiga central hidroeléctrica. Este tramo discorre no seu maior parte pola propia canle, que percorre o canón a media ladeira cunha pendente moi suave. Atoparemos as tumbas antropomórficas de San Vitor, escavadas na roca, muíños e a ponte romana de Conceliñas.
O resto do percorrido, xa aloxándonos do canón, discorre por camiños de carro, con muros a ambos os dous lados, atravesando carballeiras e pasteiros, e con boas vistas do Canón do Sil en varios puntos. Visitaremos os núcleos de Forcas e A Miranda, pobos de montaña ben conservados e regresaremos a San Lourenzo.
M.I.D.E. Desplazamiento: 2 
M.I.D.E. Itinerario: 2 
M.I.D.E. Esfuerzo: 3 
M.I.D.E. Medio: 2

RUTA DE MAQUINO LARGAÑO

Este percorrido circular iníciase no pobo de Luíntra, capital do Concello de Nogueira de Ramuín. O percorrido resulta moi variado nas paisaxes, pasando por carballeiras, bosques de bidueiros, leiras e poboacións. A ruta discorre principalmente por camiños e pistas de terra entre arboredo, con pendentes suaves. Visitaremos varios pobos do municipio, as mámoas de Moura, o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e un tramo do canón do Sil pertencente á Rede Natura.
M.I.D.E. Desplazamiento: 2 
M.I.D.E. Itinerario: 2 
M.I.D.E. Esfuerzo: 4 
M.I.D.E. Medio: 1


A codificación utilizada no apartado de información de valoración de M.I.D.E. é a seguinte:

 Medio. Severidad del medio natural
 1 El medio no está exento de riesgos
 2 Hay más de un factor de riesgo
 3 Hay varios factores de riesgo
 4 Hay bastantes factores de riesgo
 5 Hay muchos factores de riesgo

Itinerario. Dificultad de orientarse en el itinerario
 1 Caminos y cruces bien definidos
 2 Sendas o señalización que indica la continuidad
 3 Exige la identificación precisa de accidentes geográficos y de puntos cardinales
 4 Exige técnicas de orientación y navegación fuera de traza
 5 La navegación es interrumpida por obstáculos que hay que bordear

 Desplazamiento. Dificultad en el desplazamiento
 1 Marcha por superficie lisa
 2 Marcha por caminos de herradura
 3 Marcha por sendas escalonadas o terrenos irregulares
 4 Es preciso el uso de las manos para mantener el equilibrio
 5 Requiere pasos de escalada para la progresión

Esfuerzo. Cantidad de esfuerzo necesario
 1 Hasta 1 h de marcha efectiva
 2 Más de 1 h y hasta 3 h de marcha efectiva
 3 Más de 3 h y hasta 6 h de marcha efectiva
 4 Más de 6 h y hasta 10 h de marcha efectiva
 5 Más de 10 h de marcha efectiva

No hay comentarios:

Publicar un comentario