jueves, 20 de octubre de 2016

6 de novembro: Aldea Vella - Torre de Inxerto (Pobra)


Puntos de encontro: 8.40 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 en explanada onde remata carretera que vai a Aldea Vella (Pobra do Caramiñal).
Dificultade media-alta, a maioría da ruta é de dificultade media, pero hai un quilómetro que se fai duro por ter bastante pendente. Arredor de 14 km. Duración estimada: 5 horas.

Empezamos a andar cerca de Aldea Vella e empezamos a ascender cara a ponte da Miserela e as pozas do río Pedras, despois vamos paralelos ao río San Xoan ou o dos tobogáns (é a parte dura da ruta), nun quilómetro ascendemos 250 metros de altitude,  Despois continuamos ascendendo pola serra do Barbanza pero con pouca pendente dirixíndonos á Torre de Inxerto (arredor de 650 m) de altitude, cerca da Portela cruzaremos o rio Barbanza, e dende o alto irémolo vendo durante parte do percorrido, continuamos descendendo ata chegar a entrerrios e despois dunha breve e suave ascensión estaremos no punto de saída. Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, e un ou dous bastón axudan nas pendentes a subir e a baixar.

Para anotarse chama por teléfono aos números  615 637 227, 616 523 902; ou manda un email vintedouspes@gmail.com  .  Prégase ser puntuais. Deberase respectar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respectar, é dicir non debes adiantar ao que vai diante, nin ir por detrás do que vai pechando. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar, pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Vintedouspes é un Club de Montaña que forma parte da Federación Galega de Montañismo, para participar na ruta hai que estar federado.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15054798

As fotos son de Paco e Eduardo, se queres ver todas as fotos de Eduardo pincha neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/0B8xJbscwa56VbThuRnFFOTVBQVU



































No hay comentarios:

Publicar un comentario